diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Coruña
  • Actualidad

Os concellos da provincia da Coruña analizan as implicacións administrativas, técnicas e económicas da nova Lei de residuos

  • 1 de octubre de 2024
  • Manuel Pastor
Total
0
Shares
0
0

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso participou na inauguración das xornadas «O modelo de xestión de residuos da Lei 7/2022. Implicacións técnicas, administrativas e económicas» organizada pola Deputación da Coruña en colaboración co Colexio Oficial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local (COSITAL) da Coruña e Pontevedra.

As xornadas estiveron dirixidas a alcaldes, concelleiros, e persoal funcionario e técnico dos concellos da provincia co obxecto de analizar os retos que propón para os municipios desde os puntos de vista técnico, administrativo e económico-orzamentario a entrada en vigor da Lei 7/2022 de residuos e solos contaminados para unha economía circular.

Formoso destacou que «os tres vectores sobre os que se sustenta o novo modelo económico da Unión Europea teñen que ver coa transición ecolóxica e a descarbonización, a dixitalización e a economía circular, que tal vez sexa a máis descoñecida» e sinalou que «o modelo de xestión de residuos que implanta a nova lei 7/2022, que bebe dunha directiva europea, incorpora a preocupación europea con respecto da valorización de residuos con políticas de economía circular, cuns obxectivos que non se están a cumprir a día de hoxe»:

Neste sentido, o presidente sinalou que «en 2023, Galicia xerou 1.102.000 toneladas de residuos, máis de 400 quilos de lixo por galego, dos que só o 18% chegan separados a Sogama, un dato inferior á media nacional e que está moi lonxe do obxectivo do 55% que esixe a UE para 2025 e do 65% que prevé para 2030», afirmou.

«Tamén queda traballo por facer no ámbito da compostaxe, xa que apenas se está empregando un 3% da capacidade composteira que ten Sogama, cando arredor do 37% do lixo está conformado por materia orgánica, que podería ser compostada», sinalou Formoso, que incidiu tamén na importancia que para as economías municipais e para a cidadanía terá a suba do canon de Sogama, que xestiona o lixo de 295 concellos galegos, e que o vindeiro ano sobe de 66 a 108 euros por tonelada.

Entre os obxectivos da Lei 7/2022 está a redución na produción de residuos, a redución dos desperdicios alimentarios, dos plásticos dun só uso e do uso de vertedoiros, a recollida separada de biorresiduos domésticos e comerciais, a separación de téxtiles, aceites de cociña e aveños voluminosos e medidas fiscais de incentivo á economía circular.

A xornada de hoxe contou con relatorios de Simón Rego, conselleiro do Consello de Contas de Galicia, que abordou a problemática da contratación pública da xestión de residuos; Juan Ignacio Gomar Sánchez, inspector xefe do departamento na Subdirección Xeral de Inspección Tributaria da Axencia Tributaria do Concello de Madrid, que falou sobre as taxas locais da Lei e Javier Domínguez Lino, presidente executivo de Sogama, que falou sobre solución integral e circular para a xestión dos residuos municipais en Galicia.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Manuel Pastor

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.