diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Coruña

O pleno da Deputación da Coruña aproba unha achega de 100.000 euros para comprar novas embarcacións e equipamento ao Club de Remo Pobra

  • 5 de mayo de 2025
  • Redacción
Total
0
Shares
0
0

O pleno da Deputación da Coruña aprobou este luns por unanimidade o convenio co Club de Remo Pobra polo que a institución provincial achegará 100.000 euros para a compra de novas embarcacións e material de adestramento e competición, tras o grave incendio que a entidade sofreu nas súa nave o pasado xaneiro e que lle supuxo a perda de todo o equipamento que se almacenaba nela.

Coa aprobación deste convenio, cúmprese o compromiso adquirido polo presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, na súa visita á sede do club o pasado 9 de xaneiro, na que anunciou a concesión desta nominativa para a reposición do material destruído polo lume. Naquela visita, Formoso sinalou tamén que a subvención de 300.000 euros que a Deputación tiña prevista para a ampliación da nave «terá que ser reformulada», en función da localización futura do club, xa que a nave quedou seriamente danada polo incendio.

Ao pleno asistiron o alcalde da Pobra, Jose Carlos Vidal, a tenente alcalde, Patricia Lojo, e representantes do Cub, que foron recibidos polo presidente, ao que agradeceron a colaboración da Deputación para poder recuperar a súa actividade.

O deputado de Deportes, Antonio Leira, interviu para agradecer o voto favorable de todos os grupos políticos neste punto e anunciou que «nuns días o presidente estará na Pobra para asinar este convenio e axudar ao club na súa recuperación».

Con esta axuda económica da Deputación, o Club de Remo da Pobra poderá adquirir novas embarcacións e material para desenvolver o seu labor. Entre o material recollido no acordo figuran tres traiñeiras de diferentes modelos, catro bateis, tres embarcacións de banco móbil, remos de fibra de carbono, así como máquinas de ximnasio e outro material de adestramento.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Redacción

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.