diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Coruña
  • Actualidad

O plató virtual Coruña Estudo Inmersivo (CEI) da Deputación, protagonista no Congreso internacional Mundos Digitales

  • 5 de julio de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou hoxe en Palexco o o congreso internacional de animación, efectos visuais e novos media «Mundos Digitales», que este ano celebra a súa vixésimo segunda edición.

Acompañado da deputada de Emprego e Industria, Rosa Ana García, e do director do evento, Manuel Meijide, Formoso visitou os distintos stands do congreso, entre eles o que a Deputación ten no evento para presentar o plató audiovisual virtual Coruña Estudo Inmersivo (CEI), así como a feira de emprego na que alagunas das principais empresas do sector buscan e selccionan novos talentos para incorporar aos seus cadros de traballadores.

Formoso destacou «as oportunidades que se presentan para os creadores dixitais, tanto no sector da producción audiovisual como no dos videoxogos, no que Galicia conta xa cun peso importante e un futuro moi prometedor».

Neste sentido, destacou que a finais deste ano a cidade da Coruña contará co novo estudo de producción virtual Coruña Estudo Inmersivo (CEI), que a Deputación está construíndo actualmente na Cidade das TIC cun investimento de preto de 9 millóns de euros, cofinanciado pola Deputación e fondos do Plan de Recuperación-Next Generation EU do Goberno de España e que suporá «un revulsivo para axudar a reter o talento que se forma aquí e situar a esta provincia como un dos Hubs audiovisuais máis importantes de España, impulsando nunha industria moi puxante, que a día de hoxe xera máis de 4.500 empregos e factura 411 millóns de euros en Galicia e sigue crecendo ano tras ano», afirmou.

O evento, que se celebra ata mañá sábado na cidade herculina, reúne a algunhas das principais empresas e profesionais da animación e a creación dixital a nivel internacional como Rob Bedrow, vicepresidente senior de Lucasfilms; Bill Ponson, CTO de Technicolor Group; Jerome Denjean de Blur Studio, ou Jesús Serrano, Program Manager de Microsoft.

En Mundos Digitales presentaranse tamén as principais innovacións tecnolóxicas do sector, coa intelixencia artificial como impulsora principal, e levaranse a cabo proxeccións exclusivas, conferencias e master classes impartidas por prestixiosos profesionais.

Un ano máis, o congreso conta coa maior feira de emprego do sector en Europa, no que numerosas empresas seleccionan novos perfís profesionais para incorporar aos seus cadros de persoal.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.