diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Coruña

O circuíto Travesía Costa, apoiado pola Deputación, remata esta fin de semana no Ézaro despois de seis probas na provincia con máis de 1.500 deportistas

  • 5 de septiembre de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O circuíto Travesía Costa Duacode, apoiado pola Deputación da Coruña, remata esta fin de semana no Ézaro despois de seis probas na provincia que contaron con máis de 1.500 deportistas chegados de todos os puntos de Galicia, pero tamén de Portugal, Asturias, Madrid ou Canarias, entre outras localizacións xeográficas.

A cita programada no Concello de Dumbría para este sábado 7 de setembro forma parte, ademais, do Campeonato de España de Aguas Abiertas da Real Federación Española de Natación. Concretamente, é a décimo sexta proba dunha competición que conta con 18 no seu calendario.

A proba deportiva foi presentada esta mañá na Deputación da Coruña nun acto no que participou o deputado de Deportes, Antonio Leira, o alcalde de Dumbría, Raúl González Lado, e o presidente do Club Hércules Xtreme, Sergio Castellanos, ademáis doutros representantes do concello anfitrión e da organización do evento.

O Ézaro será o peche dun circuíto que comezou o pasado mes de xuño e xa pasou pola Coruña, Oleiros, Sisargas-Malpica, Finisterre e Portosín. En todos eses lugares, Travesía Costa mesturou diferentes probas en canto a distancias e modalidades, xa que o obxectivo da organización é fusionar a competitividade co deporte popular e a súa función integradora.

O deputado de Deportes, Antonio Leira, e o alcalde de Dumbría, Raúl González, animaron a participar no evento e na gran festa final do Circuíto, no que participaron este ano 1.500 nadadores e nadadoras e que segundo o rexedor contará cunha final espectacular nas augas do Ézaro.

Leira puxo en valor a Travesía Costa como un «exemplo» de evento que acada todos os obxectivos que debería ter o deporte: «Desde a transmisión de valores como a necesidade de integrar e coidar o medio ambiente ata a promoción do territorio e da actividade física como elemento fundamental para ter unha boa saúde».

«Realizamos probas para menores e tamén adaptadas para deportistas con algún tipo de discapacidade, xa que a integración é unha das nosas labores paralelas», apuntou Sergio Castellanos, presidente do Hércules Xtreme e organizador da cita.

A maiores, Caastellanos destacou o incremento de presenza feminina, con máis dun 30% de nadadoras, e a contribución do evento á «dinamización do turismo» e a «promoción da sustentabilidade e coidado dos mares», traballando sen plásticos.

E evento contará coa proba de 4.500 metros do Campeonato de España de Aguas Abiertas e ademais dúas probas populares de dúas distancias: os devanditos 4,5 quilómetros e outra de 2.000 metros. Cada unha das travesías conta con disciplina absoluta, júnior, máster por grupos de idades e equipos.

Como evento especial non competitivo realizarase unha travesía a nado nocturno na contorna da Cascada do Ézaro. Deste xeito, o evento alongarase ata a medianoite tras comezar a partires das 16:00 horas

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.