diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Coruña

Norte Cinema Diverso regresa cunha segunda edición na que amplía a súa programación

  • 8 de febrero de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O festival de cine LGTBIQ+ Norte Cinema Diverso desenvolverá a súa segunda edición os días 29 de febreiro e 1 e 2 de marzo, ampliando a súa duración de dous a tres días, ademais de contar cunha programación paralela que xa está en marcha nos centros educativos da cidade. O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, presentou esta mañá no Teatro Colón a programación dun festival que organiza o Concello da Coruña xunto á Asociación Palestra e diferentes entidades colaboradoras (Fundación 26D, Les Coruña, Comité Anti SIDA da Coruña CASCO e CoruFest).

Nesta segunda edición haberá tres xornadas, con cinco sesións e un novo encontro con algúns dos artistas e cineastas participantes. A sede de Norte Cinema Diverso será o Teatro Colón co obxectivo de ampliar tamén o número de asistentes as diferentes proxeccións e actividades e facer medrar esta iniciativa. Ademais de Gonzalo Castro, tamén estiveron presentes no acto de presentación Fito Ferreiro, organizador do festival, e Samira Ganay, da Academia Galega do Audiovisual, que presidirá o xurado do premio Marieta á mellor curtametraxe.

O xoves 29 de febreiro inaugurarase a partir das 21.00 horas o festival, nun acto presentado pola directora Anxos Fazáns. Proxectarase a curtametraxe documental ‘Habitar’, da propia realizadora, e a película ‘Lobo e cao’, de Cláudia Varejao. O venres 1 de marzo a xornada comezará ás 19.00 horas e o sábado 2 de marzo, ás 12.00 horas, cunha sesión gratuíta na que se proxectarán nove curtametraxes. Pola tarde, ás 18.00 horas, terá lugar a mesa con realizadores e actores das obras do certame e, ás 21.00 horas, proxectarase ‘Te estoy amando locamente’, de Alejandro Marín. En total, poderanse ver 16 pezas audiovisuais e asistir a un encontro con profesionais. As entradas pódense adquirir na páxina web e na taquilla do Teatro Colón.

Unha das novidades desta edición será a súa programación paralela, formada polos programas NCD Educa e Creando Diversidade. NCD Educa é unha iniciativa para achegar o cinema LGTBIQ+ ás aulas da cidade e xerar un debate entre a comunidade educativa. Membros das entidades colaboradoras participan neste proxecto, que xa se desenvolveu nos centros Eusebio da Guarda, Urbano Lugrís e Monte das Moas, e pasará tamén por Zalaeta e A Sardiñeira. As curtametraxes que se proxectan nas aulas foron cedidas pola Fundación Pedro Zerolo.

Por outra banda, o festival contará tamén co obradoiro ‘Creando diversidade: introdución ao cine con móbil’. O curso, impartido polo cineasta Domingo D. Docampo desde o 12 de febreiro no Centro Cívico da Cidade Vella, está destinado ás persoas interesadas en sacarlle todo o partido ao seu teléfono móbil mediante a creación audiovisual.

Creando diversidade impartirase os luns, mércores e venres desde o 12 de febreiro ata o 23 de febreiro. O sábado 24, realizarase unha masterclass tamén no Centro Cívico da Cidade Vella. As prazas serán para as primeiras 15 persoas que se inscriban, de balde, no enderezo de correo: nortecinemadiverso@gmail.com. A curtametraxe resultante do curso proxectarase o sábado 2 de marzo ás 21.00 horas no Teatro Colón.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.