diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Coruña
  • Culturas

Formoso reclama que Galicia eleve o investimento en ciencia e investigación ata o 2% do PIB na súa visita o CITIC da UDC

  • 12 de septiembre de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O Centro de Investigación en Tecnoloxías de la Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña recibiu este xoves a visita do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, quen puido coñecer de primeira man proxectos e programas promovidos desde o centro, a través dos que se está a impulsar o uso da tecnoloxía dende un punto de vista igualitario e inclusivo en ámbitos como o terceiro sector. O presidente do ente provincial mantivo un encontro de traballo con persoal investigador do centro que lidera iniciativas innovadoras que están a favorecer a inclusión de colectivos como as persoas con discapacidade a través do uso da tecnoloxía e máis concretamente da IA.

O presidente da Deputación coruñesa, acompañado polo deputado de Facenda e Avance Dixital, José Ramón Rioboo, foi recibido polo reitor da UDC, Ricardo Cao, e o director do CITIC, Manuel González Penedo, cos que visitou as instalacións e laboratorios do centro e interesouse polos proxectos que está a levar a cabo.

Formoso, que acaba de entrar a formar parte do Consello Reitor do CITIC como representante da Deputación, destacou que «o talento, a ciencia é o coñecemento son as bases dunha sociedade de progreso, polo que debe ser unha prioridade apoialo desde as administracións públicas»

Formoso afirmou que «Galicia está moi lonxe de alcanzar ese 2% do PIB destinado a ciencia e investigación que recomenda a Unión Europea». «É triste ver como en algúns sectores somos unha das potencias económicas a nivel estatal, pero a nivel de investigación e ciencia os recursos que se dedican a esta área son insuficientes e supoñen apenas un 1,1 % do PIB, cando a media estatal é de 1,42 %. Como mínimo, Galicia debería situarse na media», afirmou.

Ademais o presidente da Deputación subliñou que «hai unha Lei de Ciencia estatal que hai que despregar, hai que e protexer e estabilizar aos investigadores e investigadoras para evitar a fuga de talento, e hai unha Lei de Ciencia de Galicia que leva en trámite demasiado tempo en trámite e que hai que aprobar, polo que instamos a priorizar esto por enriba de discursos ou programas electorais», afirmou Formoso.

O reitor Ricardo Cao agradeceu a visita do presidente, aproveitando a entrada da Deputación da Coruña no Consello Reitor do CITIC e recoñeceu a «importante e estreita colaboración» que manteñen a institución provincial e a UDC no ámbito das TIC, que se sustentan en proxectos como a Cidade das TIC, Coruña Estudo Inmersivo ou os programa Talentos Inclusivos e GreenPower.

Pola súa banda, director do CITIC subliñou «a importancia da colaboración coas institucións públicas para o desenvolvemento tecnolóxico e social de Galicia. No CITIC, cremos que a innovación debe ser unha ferramenta ao servizo de toda a sociedade, e é por iso que traballamos para que os nosos avances en IA e tecnoloxías da información se traduzan nunha maior inclusión e igualdade de oportunidades para todas as persoas».

Neste senso, destacou que «proxectos como Talentos Inclusivos son un claro exemplo do noso compromiso por facer da tecnoloxía un medio para a integración» e engadiu que «a colaboración con administracións como a Deputación da Coruña é fundamental para seguir impulsando proxectos que poñen o foco no benestar colectivo. A nosa visión común de fomentar a inclusión a través da innovación tecnolóxica permítenos avanzar cara a un futuro máis xusto e equitativo, impulsando novas iniciativas que nos permitan seguir liderando a transformación dixital con impacto social positivo».

O presidente da Deputación mantivo tamén un encontro con persoal investigador, a través do que puido coñecer as liñas estratéxicas de investigación do centro en ámbitos como o terceiro sector, no que o CITIC é un referente a nivel tanto autonómico como estatal, así como distintas aplicacións da Intelixencia Artificial en áreas coma a saúde ou o medio ambiente e a súa implementación nas políticas públicas. Actualmente, un equipo multidisciplinar de 160 investigadores traballa no CITIC da UDC.

Ademais do encontro, Valentín González Formoso, realizou unha breve visita as instalacións centro TIC da Universidade da Coruña, coñecendo espazos como a Sala Demostrador Tecnolóxico ou a Colección OitoBits, que integrará o futuro museo do CITIC.

O Demostrador Tecnolóxico do CITIC é un espazo único en Galicia dedicado á divulgación de proxectos de investigación e innovación en TIC, onde se expoñen prototipos, produtos en desenvolvemento e material didáctico. A través desta sala, preséntanse proxectos como unha aplicación de visión artificial para diagnóstico ocular, realidades virtuais para a rehabilitación, e un robot educativo, entre outros. Este espazo facilita a formación e interacción con novas tecnoloxías, contribuíndo á difusión do coñecemento ao ámbito social e económico.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.