diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Coruña

Formoso destaca a contribución da emigración ao desenvolvemento de Galicia na VII edición do Ares Indiano

  • 17 de agosto de 2024
  • Manuel García
Total
0
Shares
0
0

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou hoxe xunto ao alcalde de Ares, Julio Iglesias Redondo, no acto institucional de inauguración da sétima edición do ‘Ares Indiano’, unha celebración coa que o municipio rememora, do 16 ao 18 de agosto, o seu pasado e a pegada histórica que a emigración de moitos dos seus veciños e veciñas América a finais do século XIX e principios do XX deixou no municipio.

«A cultura indiana é unha parte fundamental do ADN de Ares, non só pola evidente pegada na arquitectura, con máis de 20 edificacións entre as que destaca esta fermosa Alianza Aresana, senón pola contribución da emigración ao desenvolvemento da vila e de Galicia», afirmou o presidente, que destacou como exemplo ás máis de 300 escolas levantadas pola emigración galega na nosa comunidade que supuxeron «un importante retorno en educación e cultura para o noso país».

«Ares é un dos mellores exemplos desa nova Galicia que se soñaba desde América», afirmou Formoso, que lembrou que nas primeiras décadas do século XX máis de 900.000 galegos e galegas emigraron a América na procura dun futuro mellor «pero mantiveron sempre vivo o seu vínculo e o seu compromiso coa súa terra natal».

O alcalde de Ares, Julio Iglesias, reivindicou tamén a contribución da emigración aresá ao desenvolvemento do municipio e agradeceu a colaboración de institucións como a Deputación da Coruña e do tecido social, veciñal e empresarial de Ares para manter durante sete anos esta festa que rende homenaxe aos emigrantes da localidade e recupera a súa historia.

«Hoxe, coa colaboración da Deputación, presentamos un novo libro «Treinta y nueve años de mi vida», de Manuel Rodríguez Ramos, «Canelo». Con este son xa catro os libro escritos por veciños de Ares que emigraron a América pero mantiveron vivo o seu compromiso co seu municipio», lembrou o rexedor, que incidiu tamén na importancia de recuperar a historia da emigración para que sexa coñecida polas novas xeracións.

Durante o acto, o alcalde entregou distintos premios ao presidente da Deputación e a numerosos veciños e veciñas de Ares pola seu apoio e implicación para facer posible esta festa, que supón un retorno ás orixes e un recoñecemento á emigración aresá como motor de progreso para o municipio.

Tras o acto de inauguración presentouse o libro de «Canelo», editado por primeira vez na Habana en 1894 e no que narra en primeira persoa a súa interesante biografía, chea de aventuras e experiencias, desde a súa infancia en Ares ata a súa xuventude e madurez na emigración cubana, onde desempeñou multitude de oficios (limpabotas, peón, tabaqueiro, violinista, compositor ou libreiro) e, como tantos galegos, foi un emprendedor constante.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Manuel García

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.