diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Coruña
  • Actualidad

Formoso apela na inauguración do Congreso CEDE ás capacidades de Galicia para dar “soporte enerxético aos proxectos industriais estratéxicos que están en marcha”

  • 29 de noviembre de 2024
  • Manuel Pastor
Total
0
Shares
0
0

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou esta mañá no acto de inauguración do XXIII Congreso de Directivos CEDE, que conta co patrocinio da institución provincial, e que reúne na cidade herculina a algúns dos directivos e executivos das principais empresas de España. Durante a súa intervención, Formoso apelou ás capacidades de Galicia como territorio de «soporte enerxético para proxectos industriais estratéxicos que xa están en marcha».

«Hai nove anos tiven a oportunidade grazas a CEDE de falar para España e para o mundo sobre a capacidade empresarial e industrial desta provincia. Ofrecín este territorio estable, tranquilo e que sabe valorar esforzos para máis investimentos empresariais e industriais. E a realidade imponse: hai máis investimentos», apuntou o presidente da Deputación.

O presidente alertou que estas iniciativas necesitan «un soporte enerxético», que Galicia ten condicións para ofrecer: «Somos o maior exportador de enerxía renovable de toda España e o maior produtor durante os dous últimos anos», apuntou.

Porén, o presidente apuntou que para que isto sexa posible, é necesario superar dous retos: a paralización de numerosos proxectos por parte da xustiza e a crispación política. Por unha banda, sobre o primeiro, destacou que actualmente hai paralizadas dous investimentos de máis de 15.000 millóns de euros na provincia polo «criterio dun pequeno grupo de xuíces, que teñen postrado a un sector enerxético que necesita dar viabilidade a todos estes proxectos».

Por outra banda, apuntou cara o sector político. «A continua crispación política que hai a nivel do Estado e a nivel europeo está afectando á certeza dos investidores. Unha división política que recorta o progreso. Por iso finalizo apelando a esa concordia que é tan galega, a ese sentidiño que temos en Galicia e que permitiu que esa puxanza económica e industrial asentase aquí», expresou o presidente da Deputación da Coruña.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Manuel Pastor

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.