diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Coruña
  • Actualidad

Ethel Vázquez: «Se Inés Rey non é consciente de que están bloqueando o novo CHUAC, ten un problema serio»

  • 25 de febrero de 2023
  • Manuel García
Total
0
Shares
0
0

A actualidade na Coruña estivo marcada esta semana polo conflito entre o Concello e a Xunta de Galicia polo novo CHUAC. As obras para a ampliación do complexo seguirán acumulando atrasos por un problema co convenio de expropiacións causado por cambios de última hora engadidos polo goberno municipal. Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas, é rotunda: «Se Inés Rey non é consciente de que están bloqueando o novo CHUAC, ten un problema serio».

Vázquez pasou o venres polos micrófonos da Cope para explicar a situación: «A nosa gran sorpresa foi cando nos primeiros días do 2023 recibimos a documentación do Concello despois de reclamala de forma intensa trala aprobación no Pleno do 28 de decembro, para poder avanzar e licitar as primeiras obras. Necesitamos a sinatura do convenio, pero a sorpresa desagradable é que de forma unilateral, sen dialogo nin explicacións, o Concello rachou os acordos alcanzados non só en materia orzamentaria, se non tamén na titularidade dos terreos».

Os dous puntos pendentes son «o financiamento comprometido para os accesos e as expropiacións en febreiro de 2021 non están acreditadas nos orzamentos de 2023» – hai que recordar que o Goberno Municipal non presentou nin aprobou ditos orzamentos -, pero tamén «que o Concello queira ser titular dos terreos onde se asenta o hospital. Pretende ser titular do hospital cando non ten competencias».

O Concello da Coruña busca un trato diferente

Outro dos motivos de sorpresa para Ethel Vázquez é que «o Concello da Coruña sexa o único que non acepta o esquema de colaboración que empregamos en todas as infraestruturas da comunidade. En Pontevedra estamos construíndo un hospital co esquema que na Coruña racha a alcaldesa».

Inés Rey e as acusacións de que a Xunta busca atrasar o novo CHUAC

Para a titular de Infraestruturas, o que ten que facer o Concello da Coruña e afrontar o asunto con seriedade: «Escudarse no argumento de que se enreda non axuda aos cidadáns. O certo é que se Inés Rey non é consciente de que o Concello está bloqueando o novo CHUAC, ten un problema serio. Convídoa a que lea o acordo de 2021 e as súas cláusulas, tamén o aprobado no pleno en decembro para comprobar que están rachando o acordo e a palabra dada».

Sen resposta de Urbanismo por parte de María Pita

«Invítoa a dialogar co seu equipo de goberno. Nós estamos agardando a que o concelleiro de Urbanismo conteste á Xunta de Galicia e acepte algunhas das datas que presentamos para falar. Propuxemos dúas para xuntarnos e desbloquear o convenio. Pero o Concello da Coruña é unha caixa de sorpresas. Enviamos o escrito o martes, pasan os días e non temos contestación ningunha sobre o maior proxecto estratéxico de toda a área metropolitana da Coruña. Sorprende que non haxa vontade cando estamos dando todas as facilidades. Agardo que rectifiquen canto antes».

Satisfacción polo avance das obras da Intermodal

«O proxecto da Intermodal da Coruña, planificada ao mesmo tempo que outras estacións que xa están executadas, sufriu moitos atrasos por razóns alleas á Xunta. Pero esta semana podemos confirmar que xa están as obras a un rendemento pleno e a velocidade de cruceiro. Un fito importante é a cimentación da estación de buses. É un gran exemplo do que as administracións poden facer xuntas, un proxecto no que colaboran Adif, Concello e Xunta, demostrando que sumando esforzos, as cousas poden saír adiante. Hai que agradecerlle ao exconcelleiro Villoslada o seu traballo».

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Manuel García

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.