diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Coruña
  • Culturas

As actividades do Premio Luís Ksado comezarán en outubro e inclúen obradoiros con Chema Madoz e Sandra Balsells

  • 31 de julio de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

En outubro comezarán as actividades paralelas do Premio Luís Ksado de creación fotográfica da Deputación, «todo un festival de fotografía que traerá á Coruña fotógrafos de primeiro nivel e que reunirá a verdadeiros referentes» afirma a deputada de cultura, Natividade González. Este «festival» inclúe a exposición das fotografías gañadoras e finalistas desta edición; a homenaxe ao fotógrafo histórico Luis Zamora, e os obradoiros impartidos por Chema Madoz e Sandra Balsells.

O centro Ágora da Coruña acollerá os obradoiros/masterclass de fotografía, de 16:30h a 20:00h: o día 8 de outubro, con Chema Madoz, Premio Nacional de Fotografía e, o día 9, con Sandra Balsells, Premio Ortega y Gasset El País.
Para participar nestes talleres, que son de balde, as persoas interesadas poden inscribirse desde mañá día 1 de agosto a través deste enlace.

Outra das actividades é a exposición das fotografías gañadoras e finalistas da última edición, do 2024, do premio Luís Ksado de Creación Fotográfica da Deputación. Esta exposición inaugurarase o día 2 de outubro ás 19h, cunha presentación previa, ás 18h, que inclúe unha conferencia e proxección de «Alén», colección gañadora de Vicente Fraga no auditorio do Museo do Pobo Galego.

Ademais, este ciclo inclúe unha homenaxe ao fotógrafo histórico Luis Zamora, «un fotógrafo cunha mirada auténtica que segue a iluminar cada imaxe que capturou», sinala González. «O seu legado merece ser celebrado e por iso o recoñecemos como Fotógrafo histórico do 18º Premio Luís Ksado». Así, o día 3 de outubro ás 12h no salón de plenos da Deputación celebrarse un acto institucional e, ás 19h, na Real Academia de Belas Artes, unha mesa redonda na que participarán a deputada de cultura, Natividade González; o comisario do premio Ksado, Xurxo Lobato; o fillo de Luis Zamora, José Luis Zamora, e o historiador da fotografía galega Manuel Sendón.

«O premio Luís Ksado é xa unha institución no mundo da artes visuais, é moito máis que un certame de fotografía xa que conta cunha programación específica que lle da continuidade no tempo pero tamén en calidade», engadiu a deputada, «e as actividades que levaremos a cabo este ano son boa mostra diso, e tamén do compromiso da área de cultura da Deputación coa posta en valor do noso talento, cultura e patrimonio».

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Coruña
    A Deputación promove o deporte base co Circuíto de Baloncesto 3×3, que se celebrará en Carballo, Ordes e Brión
    • 22.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación clausura en Outes os cursos de Defensa Persoal Feminina, nos que participaron 300 mulleres da provincia
    • 12.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña recibe ao Baxi Ferrol tras o seu histórico subcampionato europeo
    • 07.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    Abderrahmane Aferdi e Alice Finot gañan Os 10.000 Peregrinos, que bate récord de participación
    • 05.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    A Deputación destina 567.317 euros para financiar equipamento e melloras de instalacións a máis de 60 entidades deportivas da provincia
    • 01.04.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad