diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Coruña
  • Actualidad

A Marea pedirá no Pleno Municipal que A Coruña retire as honras outorgadas ao Rey Juan Carlos

  • 26 de mayo de 2022
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

A Marea Atlántica defenderá no vindeiro pleno do Concello da Coruña unha moción na que reclama que se lle retiren a Juan Carlos de Borbón todas as honras outorgadas polo Concello e que se reprobe a súa conduta na recente visita a Sanxenxo, tras dous anos «fuxido», explica a Marea, a Abu Dabi. Os concelleiros da formación que apoia ao boerno local de Coruña estima que o monarca «evita responsabilidades polos seus actos». Nesta iniciativa tamén insta ao Congreso dos Deputados a investigar os indicios de delito na actividade do rei emérito, e a modificar o artigo 56 da Constitución, que lle atribúe ao monarca unha anacrónica inviolabilidade ante a Lei. 

«Hai indicios de que Juan Carlos de Borbón, puido cometer fraude fiscal, branqueo de capitais e suborno, tanto antes coma despois de abdicar, pero non rendeu contas por estes feitos, por mor da súa  inviolabilidade, a prescrición dos delitos e, nos casos máis recentes, as facilidades que as institucións do Estado lle deron para regularizar a súa situación», apunta a Marea nun comunicado. 

A moción sinala que o monarca puxo de manifesto no seu fugaz regreso “o seu desprezo pola obriga de exemplaridade e honorabilidade a que o compromete a natureza do seu cargo, así como unha completa falta de sensibilidade e respecto cara a cidadanía do común”. 

A Marea apunta que Juan Carlos de Borbón, que hai case medio século pilotou a Transición da ditadura franquista a unha democracia parlamentaria, «converteuse na proba vivinte de que manter a figura dun Xefe de Estado por enriba da lei é unha idea incompatible cunha sociedade democrática». Califica o seu compotamento a fin de semana pasada en Sanxenxo como «moi pouco exemplar» e inciden en que desprazarse nun jet pagado por un emir de Abu Dabi, vulnera o código de conduta do que se dotou a propia Casa Real española. 

«Nun momento no que as institucións públicas deberían dar exemplo de compromiso e responsabilidade, non de impunidade, levamos o debate ao Pleno do Concello da Coruña e agardamos contar co apoio de toda a Corporación para reprobar o comportamento de Juan Carlos de Borbón», conclúe a formación mareante no seu comunicado.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.