diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Coruña

A Deputación renova a súa alianza co Deportivo para promocionar a provincia como destino turístico

  • 24 de marzo de 2025
  • Redacción
Total
0
Shares
0
0

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o deputado responsable da área de Deportes, Antonio Leira, visitaron esta mañá a cidade deportiva do Real Club Deportivo da Coruña en Abegondo, onde foron recibidos pola vicepresidenta do club, Michelle Clemente Escotet, o conselleiro delegado, Massimo Benassi, e parte da plantilla.

O motivo da visita foi dar a coñecer a nova colaboración institucional entre a Deputación e Deportivo para promocionar a provincia como destino turístico de calidade a través da campaña «A Coruña: unha provincia por descubrir», que por segundo ano consecutivo loce nas equipacións dos primeiros equipos, tanto masculino como feminino do Dépor, e que se proxectará tamén no videomarcador de Riazor durante os partidos desta tempada.

«Con esta alianza queremos recoñecer e pór en valor o sentimento que a cidade e a provincia da Coruña teñen co Deportivo, coa súa gran historia deportiva e tamén co seu futuro», afirmou o presidente da Deputación, que incidiu en que a experiencia do ano pasado demostrou que o Dépor «é un gran embaixador para promocionar en toda España a provincia da Coruña como destino turístico, que como di o noso lema ten moito por descubrir».

Pola súa banda, o conselleiro delegado do Real Club Deportivo da Coruña, Massimo Benassi, afimou que «estamos encantados de recibir este apoyo y de que, por segundo temporada, podamos llevar a la provincia y a la Diputación en nuestra indumentaria, tanto en el equipo masculino como en el femenino, que para nosotros es un proyecto fundamental. Que sea por muchas temporadas más porque para nosotros poder colaborar con las instituciones es fundamental», apuntou.

Esta nova alianza estreita os lazos entre a Deputación e o RC Deportivo, que aporta a a súa pegada no territorio e o seu impacto social no terreo deportivo para promocionar a provincia coruñesa dentro e fóra de Galicia.

A través desta colaboración, a Deputación inviste 264.375 euros que redundan en beneficio do club, da cidade e da provincia.

Nos vindeiros días, a Deputación presentará un acordo similar co Racing Club de Ferrol en vésperas de que ambos equipos de Segunda División da provincia disputen un interesante derbi este sábado na Malata.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Redacción

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.