diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Coruña
  • Actualidad

A Deputación rende homenaxe cunha exposición á activista trans coruñesa Trinidad Falcés

  • 14 de enero de 2025
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

A Biblioteca Municipal Durán Loriga, da Coruña, acolleu esta tarde a inauguración da exposición ‘Relembrando a Trini’, unha iniciativa da área de Igualdade da Deputación da Coruña para homenaxear a Trinidad Falcés, histórica activista trans coruñesa, pioneira e figura esencial na loita polos dereitos do colectivo LGBT. Interviron no acto a deputada de Igualdade, Sol Agra; o comisario da mostra, Sergio Marey, e Fito Ferreiro, da Asociación Palestra.

‘Relembrando a Trini’, aberta ata o 15 deste mes, artéllase arredor dun armario onde se ordenan obxectos persoais de Falcés —fotos, roupa, bixutería— e documentos como entrevistas ou os certificados dos seus ingresos nas cárceres franquistas pola súa condición cuir. O visitante poderá percorrer a instalación para reconstruír a figura e vida de Trini: prostituta, artista e, sobre todo, símbolo da loita pola integración e a diversidade sexual. Figura destacada na primeira marcha LGBT do estado español —que se celebrou en 1977 en Barcelona, cidade na que residiu durante tres décadas—, presa cinco anos —deles, dúas veces e máis de cinco meses nun campo de concentración de homosexuais en Badajoz—, Falcés recibiu en 2019 o premio Marcela e Elisa, que concede a asociación ALAS, e faleceu na Coruña en agosto de 2022.

A mostra non é a primeira iniciativa da Deputación para reivindicar a Falcés, como explicou Sol Agra na súa intervención: «En 2022, recollemos un pouco da historia de Trini, contada por ela mesma, no libro antolóxico Memoria diversa, que Eva Mejuto preparou despois do primeiro congreso do mesmo nome que organizamos desde a área de Igualdade». «Pero non nos chegou», engadiu, «porque a historia de Trini merecía unha homenaxe, un recoñecemento á súa decisión e loita polos dereitos de todas nós, pois os dereitos de quen non se resigna á norma que a sociedade e as leis impoñen son os dereitos de todas as persoas, e permítennos vivir nunha sociedade máis xusta e igualitaria».

A deputada puxo en valor o traballo do seu departamento a prol da igualdade: «Teño a honra de dirixir a mellor área política da Deputación da Coruña: Igualdade, Lingua e Dereitos Civís; tres espazos que ocupan tamén, as máis das veces, as marxes, porque desde a ‘corrección’ política nos queren invisibilizar para sacarnos só nas datas sinaladas, deixándonos existir máis se se nos nota menos, como á xente do colectivo LGBT».

A deputada rematou a súa intervención co desexo de que a exposición «axude a coñecer de onde vimos, para que o branqueamento de tempos tan duros como os que viviu Trini non volvan, e para que construamos unha sociedade na que todes poidamos vivir sen medo, sendo libres para ser e sentir».

Fito Ferreiro, da Asociación Palestra, apuntou que «desde que volveu á Coruña, tocoume ser unha parte importante na súa vida. Era unha sobrevivente. Tiña a capacidade de buscar solución a todos os problemas. Vivía dunha pensión non contributiva, como case tres de cada catro persoas maiores LGTBI».

E, pola súa parte, o comisario Sergio Marey expresou que este proxecto «é un xeito de continuar co labor que levo facendo coas miñas últimas creacións. Trini é un proxecto investigacional, pero tamén de creación. Agradezco á Deputación porque esta investigación está a facer mella na miña conciencia. Para min cambiou totalmente a perspectiva de moitas cuestións que xa estaban presentes, como a realidade trans ou o exilio».

A inauguración de hoxe foi espazo tamén para dúas charlas: ‘Situación trans onte, hoxe e mañá’, da activista trans Laura Bugallo, e ‘Cuiruña e a importancia da literatura cuir’, de Diego Maseda, coordinador do club de lectura cuir da Rede de Bibliotecas da Coruña.

A homenaxe completarase con dúas charlas máis, as que Marey e Ferreiro darán sobre a figura de Falcés os días 31 de xaneiro, en Corcubión, e 21 de febreiro, en Ribeira.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Coruña
    A Deputación promove o deporte base co Circuíto de Baloncesto 3×3, que se celebrará en Carballo, Ordes e Brión
    • 22.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación clausura en Outes os cursos de Defensa Persoal Feminina, nos que participaron 300 mulleres da provincia
    • 12.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña recibe ao Baxi Ferrol tras o seu histórico subcampionato europeo
    • 07.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    Abderrahmane Aferdi e Alice Finot gañan Os 10.000 Peregrinos, que bate récord de participación
    • 05.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    A Deputación destina 567.317 euros para financiar equipamento e melloras de instalacións a máis de 60 entidades deportivas da provincia
    • 01.04.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad