diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Coruña
  • Sabores

A Deputación presenta a primeira edición do congreso de turismo gastronómico ‘Degusta A Coruña, a provincia que sabe’

  • 18 de octubre de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, vén de presentar a primeira edición do congreso ‘Degusta A Coruña, a provincia que sabe’, dentro das accións que está a levar a cabo a institución co obxectivo de identificar a excelencia da cadea agroalimentaria da provincia.

O acto de presentación celebrouse no restaurante A Tafona, xunto a súa chef Estrela Michelín, Lucía Freitas; e onde tamén estiveron José Iglesias e Lucía Calvo, de A Despensa D’Lujo; e Pascual Terrón, de A Conserveira, algúns dos participantes no congreso.

Fronte ao habitual, Degusta A Coruña nace como un congreso disruptivo con carácter itinerante que pretende pór en valor unha industria sostible e comprometida co territorio, o producto e as persoas. Faino a través de diferentes xeodestinos da provincia nun percorrido de experiencias gastronómicas polo territorio que abranguen varios puntos da xeografía coruñesa como Fene, Betanzos, Padrón, Boiro, A Coruña e Carballo.

Durante tres xornadas consecutivas, do 28 ao 30 de outubro, o congreso servirá de escaparate para produtos agroalimentarios, empresas de transformación, distribuidoras e establecementos hoteleiros e de restauración, que desenvolven a súa actividade con parámetros de sustentabilidade e calidade. Grandes corporacións como Estrella Galicia, Xanceda ou Gadisa, pero tamén organizacións máis pequenas como Kibus, Adega Entre Os Ríos, Chichalovers, Galmesán ou Os Biosbardos serán algúns dos poñentes participantes.

«Dende a área de turismo da Deputación sabemos que un dos principais valores do noso turismo é a gastronomía, por iso levamos a cabo a nosa campaña ‘A provincia que sabe’ que, dalgún xeito, culmina neste congreso onde poñemos en valor a gastronomía e o talento dun sector comprometido co país, o produto, a calidade e a sustentabilidade» apuntou o Xosé Regueira. «Estamos moi orgullosos da familia de ‘A provincia que sabe’, e tamén de presentar este congreso que é de moito nivel, coral, diverso e tamén cun equilibrio de xénero, e que servirá para coñecernos mellor, afrontar retos de cara ao futuro e poñer en diálogo aos diferentes sistemas de valor da gastronomía».

O vicepresidente engadiu que, precisamente, «a nosa pretensión sempre foi poñer en valor o traballo da xente. Temos unha provincia e un país con moito talento, creatividade, calidade, responsabilidade e somos referentes en facer as cousas moi ben, nun territorio como o noso que é excepcional. E todo isto é o que reivindicaremos neste espazo de Degusta A Coruña».

Varios chefs con Estrela Michelín acudirán ao evento. Entre eles, a compostelá Freitas presentará en Muncyt o seu proxecto ‘Amas da terra’ que reivindica as mulleres produtoras. «Quero darlle as grazas á Deputación da Coruña e, persoalmente, a Regueira» sinalou Lucía Freitas. «Galiza é unha comunidade chea de bos proxectos, talento, gastronomía, e todos debemos traballar en conxunto e interactuar, porque so dunha forma conxunta e desinteresada podemos crecer, e temos un territorio que merece iso». Freitas salientou a calidade dun congreso, «que é moi diferente a todo: é itinerante, vai levarnos ao rural, o que me parece fundamental, porque temos que darlle luz á nosa cadea de produción e á nosa cultura, para poder manter o noso patrimonio, e temos que facelo xa». Neste sentido, «este congreso servirá para sacar conclusións, aprender e conectar ás persoas do sector primario co resto».

Ademais dela, tamén estará Luis Veira, do restaurante Estrela Michelín Árbore da Vieira; e virán como convidados especiais a coñecer de preto a nosa gastronomía varios chefs Estrela Michelín de fóra de Galicia como Miguel Cobo, do restaurante Cobo Estratos (Burgos); Juanjo Losada, do restaurante Pablo (León); e Alvar Hinojal, do restaurante Alquimia (Valladolid).

Como peculiariadades, o congreso contará con dúas visitas guiadas, unha a Confraría de Barallobre, en Fene, e outra as pesqueiras do río Ulla, en Padrón. Ademais, unha das localizacións será o Pazo de Goiáns, en Boiro, onde se realizará unha mesa redonda sobre viño e unha charla explicativa sobre a historia da finca e do inmoble para pór en valor o patrimonio cultural do espazo.

Outro dos platos fortes das xornadas será a mesa sobre dieta atlántica, moderada polo divulgador Ángel Varela, e que contará coa presenza de Mikel Zeberio, Premio Nacional de Gastronomía, sumiller, chef, docente e impulsor de proxectos como o Basque Culinary Center. Con el, estarán tamén Moncho Méndez, do restaurante Millo da Coruña, recoñecido co Premio ‘Cociñeiro Galego 2022’; e tamén o presidente da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, José Antonio Santiso Miramontes.

Ademais, haberá unha mesa de formación, coa presenza de Beatriz Sotelo, recoñecida chef e docente no CIFP Paseo das Pontes da Coruña; do galego Pablo Márquez, actual director de Gastronomía e un dos principais impulsores do Madrid Culinary Campus (MACC); John Regefalk, docente en Basque Culinary Center; y Eduardo Caridad, da Escola de Hostalería Álvaro Cunqueiro.

En canto aos relatorios, destaca tamén a presenza de Eduardo Sanjurjo, xerente de Kibus, que contará o caso de éxito de Inditex co proxecto Galia, unha plataforma de compra sostible quilómetro cero con produtores de proximidade.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.