diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Coruña

A Deputación organiza o 5 abril en Santiago a III edición da carreira «Os 10.000 Peregrinos»

  • 20 de marzo de 2025
  • Redacción
Total
0
Shares
0
0

A Deputación da Coruña presentou hoxe en Santiago a terceira edición da carreira «Os 10.000 Peregrinos», unha das grandes citas do atletismo galego, que terá lugar o sábado 5 de abril con saída e meta na Praza do Obradoiro. O evento, que conta co apoio do Concello de Santiago e da Federación Galega de Atletismo, aspira a superar os 2.100 participantes da edición anterior.

O acto contou coa participación do presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o deputado de Deportes, Antonio Leira, a concelleira de Deportes de Santiago, Pilar Lueiro, e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín.

Formoso, destacou que esta carreira naceu en 2023 co obxectivo de consolidarse como unha proba de referencia dentro do panorama atlético galego. «Queremos que sexa unha carreira para todo o mundo, sen barreiras, onde tanto atletas de élite como afeccionados e familias poidan gozar dunha xornada de deporte no centro histórico de Compostela. Esta é unha proba que non deixa a ninguén atrás», asegurou.

Para esta edición, xa está confirmada a participación de dous campións de Europa: Adrián Ben e Alice Finot, que se sumarán a un elenco de corredores de primeiro nivel. Ademais, a proba manterá o seu formato con tres distancias (10, 5 e 2 quilómetros) e unha andaina, para que todas as persoas, independentemente da súa idade ou condición física, poidan formar parte deste evento.

Formoso subliñou que a organización desta carreira forma parte do seu compromiso por fomentar a práctica deportiva en toda a provincia. «Durante todo o ano promovemos iniciativas como o Circuíto de Carreiras Populares da Deputación, que leva o atletismo a 35 municipios, cunha previsión de superar os 15.000 participantes», lembrou o presidente provincial.

A terceira edición de «Os 10.000 Peregrinos» promete volver ser unha gran festa do deporte, consolidando esta cita como un referente do atletismo galego. «O noso obxectivo é que o deporte chegue a todos os públicos e a todos os concellos», concluíu o presidente da Deputación, animando a toda a cidadanía a participar nesta xornada deportiva e festiva.

Pola súa banda, a concelleira de Deportes de Santiago, Pilar Lueiro, agradeceu que a Deputación elixira como sede deste gran evento deportivo «a cidade máis bonita do mundo». «É unha proba de gran nivel e Santiago sempre responde», afirmou.

O presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, destacou que «hai moi poucas probas nas que poidamos ver atletas deste nivel, é case a única en Galicia e está chamada a ser unha referencia» e agredeceu «o apoio permanente da Deputación da Coruña ao atletismo galego».

As incricións para a carreira son gratuítas, xa están abertas e poden realizarse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Redacción

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.