diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Coruña
  • Culturas

A Deputación da Coruña, a Escola de Arquitectura da Coruña da UDC e a Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos celebran Semana da Arquitectura

  • 8 de octubre de 2024
  • Manuel Pastor
Total
0
Shares
0
0

Con motivo da Semana da Arquitectura, que ten lugar do do 7 ao 13 de outubro, a Deputación da Coruña coorganiza unha serie de eventos en colaboración coa Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC) da UDC e a Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos/as de Galicia (COAG).

O mércores 9 terá lugar o acto de graduación de todos/as os/as novos/as titulados/as da ETSAC no que participará Rosa Ana García, deputada provincial responsable da Área de Emprego; xunto con Ricardo Cao, reitor da UDC; Miguel Abelleira, director da ETSAC; Ruth Varela, presidenta da Delegación da Coruña do COAG; e representantes das principais institucións vinculadas á arquitectura como a Hermandad Nacional de Arquitectos, a Caixa de Arquitectos e ASEMAS (seguros de responsabilidade civil para arquitectos).

Por outra banda, o venres 11, o Pazo de Arenaza, coworking integrante da Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo da Deputación especializado na arquitectura e o urbanismo, acollerá unha xornada de apoio á actividade profesional. Durante esta xornada farase fincapé no convenio asinado entre a ETSAC e a Deputación da Coruña polo cal os e as estudantes de máster e recén egresados/as da ETSAC teñen acceso con carácter preferente a catro módulos de traballo no coworking do Pazo de Arenaza.

Ademais, durante esa mañá, todas as persoas participantes terán oportunidade de debater sobre as necesidades dos profesionais da arquitectura para desenvolver o seu traballo e de realizar unha visita guiada polo edificio histórico do Pazo de Arenaza da man dun dos arquitectos implicados na súa rehabilitación, Antonio Pernas Varela.

A Deputación porá a disposición de todas as persoas interesadas en participar nesta xornada un servizo de traslado en autobús desde a explanada de Palexco, fronte ao Pazo Provincial da Deputación da Coruña, ás 12.00 horas, ata o Pazo de Arenaza, e de regreso ás 14.00 horas. O autobús realizará tamén unha parada intermedia na parada de autobuses de Alfonso Molina (diante da estación de servizo de Repsol á altura da estación de autobuses).

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Manuel Pastor

Últimas entradas
    • Coruña
    A Deputación promove o deporte base co Circuíto de Baloncesto 3×3, que se celebrará en Carballo, Ordes e Brión
    • 22.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación clausura en Outes os cursos de Defensa Persoal Feminina, nos que participaron 300 mulleres da provincia
    • 12.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña recibe ao Baxi Ferrol tras o seu histórico subcampionato europeo
    • 07.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    Abderrahmane Aferdi e Alice Finot gañan Os 10.000 Peregrinos, que bate récord de participación
    • 05.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    A Deputación destina 567.317 euros para financiar equipamento e melloras de instalacións a máis de 60 entidades deportivas da provincia
    • 01.04.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad