diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Coruña

A Deputación avanza na posta en marcha de Coruña Estudo Inmersivo (CEI), o maior estudo audiovisual virtual do país

  • 3 de septiembre de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

Esta mañá reuniuse na sede da Deputación da Coruña a Comisión de estudo político-técnica sobre a xestión económica do novo espazo dixital provincial Coruña Estudio Inmersivo (CEI). Esta comisión está presidida polo presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e conta con representantes de todos os grupos políticos provinciais; o grupo Provincial do Partido Popular, Grupo Provincial do Partido Socialista, Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego e Grupo Provincial de Alternativa dos Veciños. Tamén conta con representantes do Clúster Audiovisual Galego e de persoal dos servizos provinciais de Intervención, Secretaria Xeral, Servizo de Patrimonio e Contratación, Servizo de Arquitectura e Mantemento e Servizo de Desenvolvemento Territorial e Transición Ecolóxica.

O presidente da Deputación destacou os grandes avances realizados dende a derradeira reunión e subliñou a importancia da implicación de todas as partes que están a colaborar para facer do CEI unha realidade.

«Hoxe damos un paso definitivo aprobando o regulamento de usos e os pregos para licitar a xestión do CEI, o maior estudo virtual de España, que será unha realidade a finais deste ano», afirmou Formoso, que destacou que «a Deputación seguirá realizando unha aposta de futuro firme e decidida para consolidar á provincia da Coruña e a Galicia como un polo de referencia para a industria audiovisual a nivel nacional e internacional», sostivo.

O presidente indicou que «Galicia está hoxe á vangarda na produción de produtos audiovisuais de calidade e conta con empresas líderes na industria do cine, as series, a televisión ou a animación, pero ten aínda un gran potencial de crecemento que queremos axudar a desenvolver completamente nos vindeiros anos co CEI», e subliñou que o audiovisual representa hoxe o 28% da industria cultural galega, xera máis de 4.500 empregos, factura 411 millóns de euros e agrupa a 707 empresas na comunidade, o 76% delas na provincia da Coruña.

Cabe destacar a importancia crecente da industria audiovisual e particularmente da produción virtual, cunhas previsións de crecemento do 25% anual nos vindeiros anos. No mundo existen arredor dun centenar de platós VPxR, que rexistran unha alta demanda, mentres que España pasará de 5 a 10 platós virtuais nos vindeiros anos, todos eles de menores dimensións e funcionalidades que o CEI.

A Deputación prevé licitar o contrato de xestión do CEI por un prazo de 20 anos, prorrogables por outros cinco, e valorará, entre outras cuestións, a solvencia económica e financeira, así como a solvencia técnica e profesional das empresas interesadas, o seu compromiso de investimento na infraestrutura e de creación de emprego, entre outras cuestións.

Así mesmo, valorarase a súa contribución do proxecto de xestión do CEI para impulsar o sector audiovisual galego, e os plans de colaboración coa industria e con universidades e centros públicos para formación e investigación.

Durante a reunión desta mañá avanzouse no programa de traballo establecido coa aprobación da Memoria dos aspectos sociais, xurídicos, económicos, financeiros e técnicos para o exercicio da iniciativa pública económica no marco do proxecto Coruña Estudio Inmersivo (CEI), que supuxo a aprobación da seguinte documentación operativa imprescindible para o correcto funcionamento do maior plató virtual de España: o Regulamento de Uso do Centro de Produción Virtual VPxR e os pregos de cláusulas administrativas particulares (PCAP) e de prescricións técnicas (PPT) que rexerán o contrato de concesión de servizos do centro de produción virtual VPxR.

Co proxecto Coruña Estudio Inmersivo (CEI), a Deputación da Coruña quere impulsar o sector audiovisual galego, pola súa achega á economía, á identidade cultural galega e á proxección de Galicia e España no exterior.

O CEI suporá a construción do maior estudo virtual de España, nun edificio de máis de 2.000 m2, dotada dun plató virtual de última xeración de 735,10 m2, e múltiples servizos adxacentes como camerinos, vestiarios, controis técnicos etc., que o situarán na vangarda internacional neste ámbito, o que permitirá potenciar o nivel competitivo das empresas do audiovisual galego e atraer novas producións audiovisuais e rodaxes á provincia.

O proxecto foi concibido como un espazo especializado na produción virtual, permitindo xerar contidos inmersivos de ficción, realidade virtual e aumentada, contidos de aplicación no ámbito cinematográfico, televisivo, publicitario e de videoxogos, que pola súa vez xerarán un produto final de aplicación para sectores como a educación ou o turismo.

Durante a reunión da comisión o persoal técnico da Deputación expuxo a correcta evolución das obras do plató virtual, cuxas obras avanzan a bo ritmo, polo que se prevé que poida estar operativo a finais deste mesmo ano.

A súa construción e posta en marcha é posible grazas a un investimento de máis de 8 millóns de euros, dos que 5 millóns están financiados a través dos fondos do Plan de Recuperación do Goberno de España- Next Generation EU e arredor de 3 millóns con fondos propios da Deputación da Coruña.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Coruña
    A Deputación promove o deporte base co Circuíto de Baloncesto 3×3, que se celebrará en Carballo, Ordes e Brión
    • 22.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación clausura en Outes os cursos de Defensa Persoal Feminina, nos que participaron 300 mulleres da provincia
    • 12.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña recibe ao Baxi Ferrol tras o seu histórico subcampionato europeo
    • 07.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    Abderrahmane Aferdi e Alice Finot gañan Os 10.000 Peregrinos, que bate récord de participación
    • 05.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    A Deputación destina 567.317 euros para financiar equipamento e melloras de instalacións a máis de 60 entidades deportivas da provincia
    • 01.04.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad