diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Coruña
  • Culturas

A Coruña festexará a Semana do Libro cunha vintena de actividades nas Bibliotecas Municipais

  • 15 de abril de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O Concello da Coruña promove preto dunha vintena de actividades para festexar a Semana do Libro, que terá lugar dende o 22 ate o 27 de abril nas Bibliotecas Municipais. Baixo o lema «Letras que unen, oficios que inspiran e historias que transforman», o Goberno de Inés Rey avanza na dinamización da rede de Bibliotecas con cinco días de obradoiros, contacontos, mesas redondas e unha solta de libros.

Entre os obradoiros programados destacan os de ilustración, escrita e encadernación, co obxectivo de dar a coñecer o oficio da escrita. Nesa liña, o martes 23 de abril terá lugar a actividade central da Semana do libro, coincidindo coa propia celebración do día do libro. Será unha mesa redonda co título «A Coruña, cidade de libro», sobre a construción literaria coas creadoras coruñesas Bibiana Candia (escritora), Lucía Cobo (ilustradora) e María Reimóndez (traductora). Será ás 19.00 horas da tarde na Biblioteca de Estudos Locais, con entrada de balde ate completar capacidade.

Tamén o martes 23, comezará unha ‘solta de libros’ nos parques próximos a cada biblioteca. Liberaranse lotes de libros que estarán identificados con instrucións sobre como participar na dinámica, que consiste en atopalos e levalos para despois deixalos noutros lugares públicos e fomentar así a dinamización da lectura.

Ademais, as persoas que o desexen poderán visitar as Bibliotecas Municipais para coñecer diferentes mostras bibliográficas sobre o proceso da creación e oficio literario, desde a escrita e a ilustración ata a impresión e a encadernación. Con esta iniciativa, o Concello procura fomentar a lectura e poñer en valor os oficios, xunto co traballo artesán e o proceso creativo detrás de cada obra. Estas completaranse coa mostra ‘Historia do libro’ na Biblioteca de Monte Alto, cun percorrido histórico dende os primeiros manuscritos ata o libro electrónico, pasando por temas como a tipografía, a encadernación, a editora do século XIX, o modernismo ou as bibliotecas.

No canto dos obradoiros, o prazo de inscrición abrirase sete días antes da celebración da actividade. As persoas que o desexen, poderán realizar a súa solicitude de inscrición na web coruna.gal/bibliotecas.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.