diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

Comeza unha nova fase das obras de San Andrés na Coruña entre as rúas Pastoriza e Perillana

  • 10 de junio de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

Os avances nas obras de reurbanización de San Andrés permitirán ao Concello adiantar a este luns unha nova fase dos traballos previstos, que afectarán única e exclusivamente á sección comprendida entre as rúas Pastoriza e Perillana, no carril que vai en dirección á praza de Pontevedra.

Neste treito, e ao igual que xa se fixo anteriormente no sector de San Andrés onde arrancou a fase inicial das obras, levarase a cabo a renovación integral da rede de saneamento. Isto suporá, en termos prácticos, o paso previo á reconfiguración deste treito en sintonía coa futura imaxe de San Andrés, que terá forma de plataforma única, un carril por cada sentido de circulación para o tráfico rodado e, ademais, barreiras vexetais que farán de elemento separador entre a calzada e as beirarrúas. Estas últimas tamén se renovarán e ampliarán, con novas lousas de granito.

A concelleira de Innovación, Mobilidade e Infraestruturas, Nereida Canosa, precisou hoxe que, nesta nova fase da intervención sobre San Andrés, «a circulación de vehículos en dirección á praza de Santa Catalina seguirá estando habilitada», dado que os traballos só se efectuarán, polo momento, no carril e a beirarrúa que conectan as rúas Pastoriza e Perillana. Desta forma, e por agora, seguirá sendo posible circular en dirección a Santa Catalina e xirar á dereita, posteriormente, rumbo aos Cantóns.

Canosa destacou a intención de «avanzar nas melloras de San Andrés coa maior axilidade posible, atendendo sempre ás necesidades da veciñanza e dos profesionais do sector comercial». Por este motivo, os traballos na sección oeste de San Andrés, comprendida entre Santa Catalina e a praza de Pontevedra, irán levándose a cabo de forma progresiva, para minimizar o impacto e alteracións ás e aos residentes e comerciantes.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.