diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

Besteiro e Inés Rey aseguran que implantarán un servizo de buses lanzadeira entre o centro da Coruña e a súa área metropolitana

  • 2 de enero de 2024
  • Marta Arias
Total
0
Shares
0
0

Besteiro asegura que creará na Coruña un Consorcio de Transportes no caso de que sexa presidente da Xunta para implantar un servizo de buses lanzadeira nas horas punta, cun plan de mobilidade integral entre a área metropolitana e o centro da cidade, e viceversa. “Só ao polígono de Sabón, en Arteixo, se desprazan diariamente 7.500 persoas”, puxo como exemplo. «Con máis de 400.000 habitantes, e na que moitas persoas viaxan entre A Coruña e os seus concellos de residencia. Este Consorcio debe actuar como autoridade única para coordinar o transporte por estrada e ofrecer servizos de calidade, eficientes e xestionados de modo transparente”, detallou o político socialista.

O plan de mobilidade debe adaptarse ás necesidades reais, explicou o candidato: «Ten que modificar os horarios de inicio e remate, fundamentalmente os que se dirixen aos centros de gran concentración de emprego, como polígonos industriais. Pero sen esquecer outras necesidades como hospitais, xulgados, facultades, etc. e a conectividade das zonas rurais coa cidade”.

Besteiro, xunto á alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e outros alcaldes e voceiros da comarca máis usuarios afectados, denunciou hoxe na cidade herculina que nos últimos 14 anos de Rueda na Xunta «o transporte público, lonxe de mellorar, empeorou as súas condicións e a mobilidade da cidadanía galega por falta de planificación das rutas, frecuencias, etc… Un problema que impide a conciliación, obriga ao uso do coche privado, lastra o crecemento económico e agrava a crise climática».

O candidato socialista denunciou que Rueda incumpre as sentenzas xudiciais sobre o transporte metropolitano en Galicia e actúa de xeito irresponsable. Lembrou as denuncias do Consello de Contas, «que o responsabiliza dunha total falla de planificación, inspección e control nos contratos asinados, de non penalizar as infraccións rexistradas e de non atender as múltiples queixas dos usuarios e usuarias».

Besteiro, que se referiu tamén aos graves problemas doutras liñas na provincia como A Coruña-Ferrol-Pontedeume-Betanzos ou a da Costa da Morte, manifestou que “é un sensentido que non haxa un servizo común de transporte que facilite a mobilidade entre A Coruña e os municipios da súa área metropolitana como por exemplo Culleredo, Oleiros, Cambre ou Sada».

Do mesmo xeito, cre importante a execución da Estación Intermodal de San Cristóbal “como punto de interconexión de todo o transporte da área metropolitana que facilitará a mobilidade entre os buses urbanos e interurbanos e a implantación da tarifa única”.

Pola súa banda, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, sinalou que “as ocorrencias que non falten. Desde utilizar os autobuses como plató electoral para os vídeos do señor Rueda, que é a única vez que se acordan dos autobuses, ata investir oito millóns de euros nunha pasarela marabillosa da que nunca máis se soubo».

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marta Arias

Últimas entradas
    • Coruña
    A Deputación promove o deporte base co Circuíto de Baloncesto 3×3, que se celebrará en Carballo, Ordes e Brión
    • 22.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación clausura en Outes os cursos de Defensa Persoal Feminina, nos que participaron 300 mulleres da provincia
    • 12.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña recibe ao Baxi Ferrol tras o seu histórico subcampionato europeo
    • 07.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    Abderrahmane Aferdi e Alice Finot gañan Os 10.000 Peregrinos, que bate récord de participación
    • 05.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    A Deputación destina 567.317 euros para financiar equipamento e melloras de instalacións a máis de 60 entidades deportivas da provincia
    • 01.04.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad