diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

As obras da estación intermodal da Coruña xa están a pleno rendemento

  • 24 de febrero de 2023
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

As obras da estación intermodal da Coruña están á fin a pleno rendemento. Así o destacou hoxe a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, coincidindo co inicio das cimentacións para a execución dun investimento de 40 millóns de euros na cidade herculina. Vázquez supervisou esta actuación estratéxica, xunto co delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor; o secretario xeral técnico da Consellería, Joaquín Macho; e o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro.

A conselleira sinalou que a Xunta está a actuar coa máxima dilixencia para cumprir os compromisos coa intermodal da Coruña, na que a estación de autobuses será a primeira peza. Explicou que se vén traballando desde o 27 de setembro, tendo avanzado na preparación do terreo, a retirada de solos contaminados e coas instalacións para realoxo dos traballadores e espazos de Adif.

Ata o de agora xa se executaron as primeiras demolicións das distintas construcións que ocupaban o espazo no que se vai levantar a estación de autobuses, incluído o taller de autopropulsados e tres naves de traballo de Adif. Estes traballos previos permiten, segundo incidiu Ethel Vázquez, dar agora un salto cualitativo na construción da estación de autobuses e comezar a executar as cimentacións.

Detallou que na actualidade están a traballar 51 operarios e 16 máquinas nestas obras, que nestes días están xa a dar os primeiros pasos na estrutura do novo edificio. Agora mesmo están iniciadas as cimentacións directas e comeza a instalación dos pilotes da terminal e do paso inferior, para o que se recibiu xa a máquina pilotadora.

A importancia da colaboración entre administracións

A titular de Infraestruturas lembrou que este gran proxecto é froito da colaboración institucional da Xunta con Adif e co Concello para impulsar estas obras, un investimento conxunto de arredor de 120 millóns de euros.

A Xunta asumiu a responsabilidade de construír e financiar a nova estación de autobuses integrada na terminal ferroviaria de San Cristóbal, ademais de executar o aparcadoiro e os elementos comúns coa estación de tren, que remodela Adif, preparándoa para recibir o AVE cando chegue á cidade.

A nova estación de autobuses, que se sitúa de forma paralela á avenida da Sardiñeira, contará con 20 dársenas de operación e con outras 23 de regulación no aparcadoiro e terá un total de 26.000 m², cun edificio de viaxeiros de 2.500 m². Ethel Vázquez destacou que se trata dunha estación moderna, accesible e preparada para dar o mellor servizo aos máis de 2.750.000 viaxeiros cada ano a través das máis de 500 expedicións diarias.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Coruña
    Miguel Lorenzo: “Pido al BNG que el gobierno de A Coruña no lo decida Ana Pontón desde Santiago”
    • 29.05.23
    • Manuel Pastor
    • Actualidad
    • Coruña
    Inés Rey quiere repetir como alcaldesa después de que 7 de cada 10 coruñeses no la hayan votado
    • 29.05.23
    • Marta Arias
    • Opinión
    A Coruña vota bajo la amenaza de un tripartito
    • 27.05.23
    • Sabela Pérez
    • Actualidad
    • Coruña
    Inés Rey acude al mercado de la Plaza de Lugo, deja de visitar dos plantas y su gabinete pide a las placeras que no le hagan preguntas
    • 26.05.23
    • Marta Arias
    • Actualidad
    • Coruña
    Miguel Lorenzo se compromete a crear un centenar de plazas públicas de atención diurna a personas dependientes dentro de sus 170 medidas sociales
    • 26.05.23
    • Manuel Pastor
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.