diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Ciudades

Arteixo terá dúas novas sendas peonís

  • 23 de marzo de 2021
  • Redacción
Total
0
Shares
0
0

A Deputación da Coruña financia actuacións de mellora da seguridade viaria coa construción de sendas peonís nas parroquias de Arteixo e Pastoriza, no concello de Arteixo. A través do Plan Único, o ente provincial achega preto do 50% do orzamento necesario para levar a cabo as obras, que acaban de saír a licitación.  

As obras suporán a construción dunha senda peonil de 441 metros de lonxitude e 1,8 metros de anchura na marxe dereita da estrada AC-552, entre os núcleos de Quinto Pino e A Maceira, na parroquia de Pastoriza. Esta iniciativa permitirá conectar ás sendas existentes na zona -unha delas desde o núcleo de Quinto Pino ata a AC-552, e a outra na entrada do núcleo da Maceira- de forma que ambos lugares conten cunha vía de comunicación acondicionada para os peóns. A actuación inclúe a adaptación do ancho da beirarrúa existente á entrada á Maceira.

A Deputación achega, a través do Plan Único, 136.436 euros dos 281.940,48 euros do custo total da obra. As tarefas proxectadas tamén prevén a instalación de drenaxe de augas pluviais, que constará de sumidoiros, pozos e colectores para recoller as augas de escorrentía que irán a parar ao sistema de pluviais existente.

A outra actuación proxectada no municipio permitirá comezar coa primeira fase de construción dunha senda de algo máis de 300 metros de lonxitude en Laxobre, na parroquia de Arteixo. Os traballos levaranse a cabo na marxe esquerda do vial municipal CM-0295. A iniciativa contempla a mellora do firme e ampliación da plataforma co obxectivo de incrementar a seguridade desta vía, que soporta unha elevada carga de tráfico, mellorando á súa vez a comunicación da poboación que reside na contorna.  

Dentro das tarefas a desenvolver tamén se contempla a mellora da iluminación da contorna, coa renovación de 9 puntos de luz por luminarias LED e a instalación de 3 novos puntos. Unha acción que permitirá aforrar custos enerxéticos e económicos ao municipio. Así mesmo, acometeranse as canalizacións de servizos necesarias no núcleo e eliminaranse postes de formigón e cableado aéreo, mellorando a estética do lugar. Ademais, pintarase nova sinalización vial horizontal e vertical. O Plan Único provincial achega 104.380 dos 215.697 euros do custo total da obra.

As dúas actuacións permitirán mellorar a conexión das persoas que residen en ambas parroquias e mellorar a seguridade da zona para que a poida transitar por elas sen perigo. As iniciativas atópanse en fase de licitación e poderán presentarse propostas ata o vindeiro 13 de abril de 2021.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Redacción

Últimas entradas
    • Coruña
    • Actualidad
    El concejal de Urbanismo de A Coruña monta un lío en twitter al apuntar que Ferrol es “área metropolitana”
    • 26.06.22
    • Sabela Pérez
    • Coruña
    El muelle de Calvo Sotelo permitirá en otoño el tránsito de peatones y abre 80.000 metros cuadrados a los coruñeses
    • 26.06.22
    • Marta Arias
    • Actualidad
    • Coruña
    La falla promovida por el ayuntamiento de A Coruña para la noche de San Juan situó a Inés Rey a la misma altura que María Pita, Pardo Bazán y María Casares
    • 25.06.22
    • Sabela Pérez
    • Actualidad
    • Arteixo
    La policía local de Arteixo cursa una denuncia contra Alternativa dos Veciños por organizar una fiesta ilegal en Barrañán en la que estaba el alcalde de Oleiros
    • 24.06.22
    • Marcos Rodríguez
    • Actualidad
    • Coruña
    La edil de Medio Ambiente de A Coruña agradece “el respeto mostrado en playas y zonas verdes” en la noche de San Juan
    • 24.06.22
    • Marta Arias
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.