diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Arteixo

Arteixo mostra o orgullo pola língua galega nunha exposición que nas próximas datas pasará por Ribeira, Marín e Redondela

  • 13 de septiembre de 2023
  • Redacción
Total
0
Shares
0
0

«Orgullo da nosa língua: O galego é un tesouro para compartir», é o título dunha exposición itinerante que percorrerá as rúas de distintos puntos de Galicia mostrando algunhas das peculiaridades e trazos de identidade do noso idioma e da súa evolución. Nestes días, ata o domingo 17, pode contemplarse en Arteixo no Anfiteatro (Av. Do Balneario 11).

A mostra, segundo informa o Concello de Arteixo, ten como obxectivo a promoción do galego entre todos os sectores da poboación, poñendo en valor as moitas razóns que temos para sentir orgullo deste idioma único, un tesouro que temos que coidar e compartir, e a mellor forma de facelo é querelo e falalo. 

A exposición está composta por cinco grandes paneis de 1,70 m de alto e de dúas caras, que nun ton ameno abordan temas como a riqueza toponímica de Galicia, referente en España; a abundancia do noso refraneiro; as variedades dialectais; as numerosas palabras que temos para falar sobre a chuvia ou as moitas formas diferentes de chamar aos mesmos peixes. A exposición contará tamén cunha persoa dinamizadora, que guiará aos visitantes e interactuará con eles mediante xogos e dinámicas de participación. 

O público poderá acceder tamén a premios con acento galego, escaneando un QR dispoñible en cada unha das estruturas da mostra, as galegas e galegos terán a posibilidade de responder a un cuestionario sobre a nosa lingua e entrar no sorteo de lotes sorpresa, que poderán incluír agasallos como entradas para espectáculos en galego, camisetas, bolsas e moito máis. 

A primeira parada desta acción será Arteixo, alí estará no Anfiteatro (Av. Do Balneario 11) do 11 ao 17 de setembro. O horario de visitas guiadas nesta vila será de luns a mércores, de 16 a 20 h; de xoves a sábado, de 10 a 14 h e de 16 a 20 h. A mostra estará dispoñible durante as 24 horas do día para que a xente a poida visitar tamén por libre. 

Despois de Arteixo será a quenda de Ribeira, do 18 ao 24 de setembro; Marín, do 25 ao 1; e de Redondela, do 2 ao 8. 

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Redacción

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.