diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Arteixo

Arteixo adicará a su Feira Histórica aos nenos e nenas do concello

  • 6 de octubre de 2022
  • Redacción
Total
0
Shares
0
0

O Concello de Arteixo adicará a infancia a nova edición da Feira Histórica de Arteixo, que nesta edición cumpre vinte e unha edicións. A Feira Histórica fará un percorrido pola historia da infancia en Galicia cun amplio programa de espectáculos musicais e teatrais, exposicións e unha gran oferta de postos de artesanía e alimentación do país durante os próximos 14, 15 e 16 de outubro. 

Nos textos redactados polo historiador Xabier Maceiras que acompañan a programación recórdase como Galicia afrontou entre os séculos XIX e XX un proceso de cambio económico no que a mobilidade poboacional constituíu o motor da alfabetización nunha sociedade predominantemente rural e de hábitat disperso. O ciclo escolar era estacional e irregular, determinado polos ciclos económicos agrícola e pesqueiro. Nesta edición a Feira Histórica rememorará as escolas de Arteixo, os xogos e divertimentos da época, as cancións, os xoguetes, os espazos lúdicos segundo a clase social e os traballos e tarefas que se lles destinaba á rapazada. 

Na Feira Histórica tamén haberá moita música, tanto de pasarrúas como con grupos como Triskell, cantautoras como Silvia Penide, danza como a de Tropicalia ou a Ora Tahití Galicia, e espectáculos de títeres e teatrais como os que ofrecerán Os Monifates, Migallas, Inventi, Teatro ao Cubo ou as Izquierdo Sisters. A Feira tamén contará cos tradicionais postos de artesanía, exposicións, a tradicional Cea 1900 e o servizo de aluguer de traxes. O concello tamén instalará un Punto Violeta de cara a previr calquera tipo de violencia sexista.

Unha das novedades deste ano é a colaboración de Estrella Galicia na Feira Histórica, que se materializará a través do Escenario Estrella Galicia que estará situado na praza do Balneario, e polo que pasarán artistas de talla internacional como a Stompy Seven Jass Band, Clarence Bekker Band, Carla Green and the Demons, Macheta Supah Band ou DJ Panko. Outra das aportacións de Estrella Galicia a Feira Histórica é a instalación do Mercado da Colleita, que estará situado na explanada do campo da Igrexa no paseo fluvial. O Mercado da Colleita é unha iniciativa de impacto social da Corporación Hijos de Rivera que ten como finalidade transformar as zonas rurais nun medio máis próspero e sostible mediante a sensibilización e a difusión de iniciativas inspiradoras que marcan a diferenza. Na Feira Histórica de Arteixo exporá un espazo no que presentará algunhas iniciativas exemplares do rural galego como os queixos de sinatura de Cortes de Muar, a tradicional avicultura do Galo Celta, o uso do sabugueiro de Carabuñas, postos de Versos, e a creatividade culinaria da Castrexa que ofrecerá degustacións e obradoiros arredor dos seus produtos.

Feirahistorica2022Descarga
Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Redacción

Últimas entradas
    • Coruña
    A Deputación promove o deporte base co Circuíto de Baloncesto 3×3, que se celebrará en Carballo, Ordes e Brión
    • 22.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación clausura en Outes os cursos de Defensa Persoal Feminina, nos que participaron 300 mulleres da provincia
    • 12.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña recibe ao Baxi Ferrol tras o seu histórico subcampionato europeo
    • 07.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    Abderrahmane Aferdi e Alice Finot gañan Os 10.000 Peregrinos, que bate récord de participación
    • 05.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    A Deputación destina 567.317 euros para financiar equipamento e melloras de instalacións a máis de 60 entidades deportivas da provincia
    • 01.04.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad