diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Ciudades

A Xunta inviste 2,6 millóns de euros en mellorar o complexo deportivo de Acea de Ama, onde adestrou o Dépor campeón de Liga

  • 18 de diciembre de 2023
  • Marta Arias
Total
0
Shares
0
0

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na presentación do proxecto para a construción dun parque de skate e de tres pistas de baloncesto no complexo deportivo autonómico de Acea de Ama, en Culleredo. O presuposto das obras ascende a 2,6 millóns de euros para mellorar a contorna no que adestrou o Dépor campeón de Liga con Javier Irureta. 

No acto de presentación, que contou tamén coa presenza do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, expúxose o detalle da infraestrutura, que se licitará a comezos do vindeiro ano cun prazo de execución de 10 meses. Nela inclúese o parque de skate, que contará con espazo para as principais especialidades desta disciplina e con capacidade para acoller competicións. Sumará unha superficie de 2.700 metros cadrados. Xunto a el crearanse tres novas pistas de baloncesto, con espazo para baloncesto 3×3, e espazos de convivencia que, sumados ao parque de skate, aumentan a superficie das novas instalacións a 5.600 metros cadrados.

A iniciativa prevé a maiores unha segunda fase presupostada en case 1 millón de euros e que converterá esta infraestrutura na primeira de Galicia en contar cunha zona de skate cuberta de gran dimensión e de uso público, así como nun referente a nivel nacional. O obxectivo é facilitarlles tanto a deportistas como ás persoas afeccionadas a esta disciplina un espazo onde poder practicala sen estar condicionadas pola meteoroloxía.

Cómpre sinalar que o complexo deportivo de Acea de Ama é utilizado tanto polo público xeral como por clubs e federacións deportivas. Ocupa 164.500 metros cadrados e conta cun centro deportivo con piscinas, pistas deportivas exteriores e un parque natural.

Apoio ao deporte urbano

Diego Calvo referiuse á creación do  novo parque de skate como un exemplo máis do compromiso da Xunta co deporte urbano e co fomento da súa práctica. Así, referiuse á importancia entre a xente máis nova de disciplinas como o skate, que se estrou como olímpica en Toquio e que xa contou nestes primeiros xogos cunha representante galega, Julia Benedetti.

Nesta liña de apoio, incidiu en que en 2024 se destinarán 17,5 millóns de euros á creación ou mellora de infraestruturas deportivas en toda Galicia, no marco dun orzamento récord para o conxunto do deporte galego que ascende a 56 millóns de euros.

Así, só na área da Coruña a semana pasada inauguráronse as instalacións renovadas do pavillón Agra II e na anterior licitáronse as obras en Monte das Moas. Ademais, o pasado marzo inaugurouse o pavillón de Monte Alto, tamén renovado. Todas estas actuacións supoñen un investimento de case 2 millóns de euros aos que se sumarán 500.000 máis coa próxima licitación de Elviña II.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marta Arias

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.