diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

A Xunta destinará de inmediato 1,45 millóns de euros para mellorar a fachada marítima da Coruña

  • 24 de octubre de 2022
  • Marta Arias
Total
0
Shares
0
0

A Xunta destinará 1,45 millóns de euros dos Orzamentos de 2023 á mellora da fachada marítima da Coruña coa construción dunha estrutura flotante na zona do Parrote. O importe total do proxecto ascende a 3,1 millóns de euros e farase a través dun convenio coa Autoridade Portuaria da Coruña que se vai aprobar mañá na xuntanza do Consello de Administración desta entidade, ao que se incorpora o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, como representante da Xunta. Así o avanzaron o vicepresidente segundo e mais o presidente do Porto coruñés, Martín Fernández Prado, nunha visita hoxe á área na que se realizarán as melloras, á que asistiu tamén o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor.

A previsión é iniciar as obras o vindeiro ano para dispoñer, xa en 2024, dunha estrutura de baño e dun edificio complementario para actividades náutico-turísticas, así como de 150 metros de bancadas para achegarlles o mar aos cidadáns. Segundo destacou Diego Calvo, o obxectivo é potenciar o atractivo turístico da cidade e o desfrute do seu litoral por parte da poboación coruñesa. “Dámoslle así resposta a importantes demandas da veciñanza da Coruña”, apuntou.

O orzamento de 1,45M€ reservado en 2023 representa o primeiro paso para arrancar o proxecto a prol da integración urbana da fachada marítima da Coruña. A iniciativa enmárcase na aposta da Xunta pola cidade, co compromiso feito xa en 2018 de investir 20M€ nesta actuación a través da colaboración coa Autoridade Portuaria e co Concello. “Aínda que non existe resposta por parte do Concello, desde a Xunta mantemos o compromiso e seguimos avanzando da man da Autoridade Portuaria”, sinalou o vicepresidente segundo.Nesta liña, Diego Calvo agradeceu o labor da Autoridade Portuaria e do seu presidente no desenvolvemento de actividades para facilitarlle á poboación o desfrute do litoral coruñés, e incidiu no apoio por parte da Xunta para favorecer “a diversificación da actividade do Porto e que siga sendo un motor económico para a cidade da Coruña”.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marta Arias

Últimas entradas
    • Coruña
    A Deputación promove o deporte base co Circuíto de Baloncesto 3×3, que se celebrará en Carballo, Ordes e Brión
    • 22.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación clausura en Outes os cursos de Defensa Persoal Feminina, nos que participaron 300 mulleres da provincia
    • 12.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña recibe ao Baxi Ferrol tras o seu histórico subcampionato europeo
    • 07.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    Abderrahmane Aferdi e Alice Finot gañan Os 10.000 Peregrinos, que bate récord de participación
    • 05.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    A Deputación destina 567.317 euros para financiar equipamento e melloras de instalacións a máis de 60 entidades deportivas da provincia
    • 01.04.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad