diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

A Xunta cualifica de incomprensible o comportamento do Concello da Coruña na modificación do convenio do novo CHUAC e convoca a Díaz Gallego para unha reunión

  • 22 de febrero de 2023
  • Marta Arias
Total
0
Shares
0
0

A Xunta de Galicia deu un novo paso para desbloquear o convenio para a construción do Novo CHUAC despois de que o Concello da Coruña introducise cambios de última hora e de forma unilateral. Nun escrito remitido o pasado martes a María Pita, dende o goberno autonómico citaban para unha reunión urxente a Díaz Gallego, concelleiro de Urbanismo, co obxectivo de desbloquear o conflito e evitar máis atrasos nesta infraestrutura.

No escrito, no que se propoñen como datas este xoves ou o próximo mércores 1 de marzo, dende a Xunta deixan claro que, máis alá do encontro, o convenio terá que ser revisado e, polo tanto, pasar de novo polo Pleno: «Sen prexuízo de que sexa necesaria unha reunión que permita aclarar a motivación que levou ao Concello a introducir os cambios que afectan á titularidade dos terreos, o texto aprobado polo Pleno do Concello debe ser modificado, recuperando a cláusula acordada en novembro do 2022 relativa á titularidade dos terreos e corrixindo a cláusula relativa ao financiamento, eliminando a anualidade de 2022 e adecuándoa ás anualidades correspondentes para a execución da actuación».

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade considera de «modificación de enorme calado» a introducida polo Concello sobre a titularidade dos terreos e esperan explicacións por parte Díaz Gallego: «Non resulta comprensible que o Concello da Coruña, onde se pretende executar a infraestrutura sanitaria máis importante da Comunidade Autónoma, cunha inversión da Xunta de Galicia cercana aos 500 millóns de euros, sexa o único concello de Galicia que non acepte o sistema empregado pola Consellería de Sanidade nos diferentes convenios de colaboración asinados para a execución de infraestruturas sanitarias».

O executivo galego lamenta que o que sistema que si serviu para concellos como o de Pontevedra no Hospital de Montecelo, ou para Lalín e Meis nos seus respectivos centros de saúde, non sirva para A Coruña.

Insistencia nas anualidades de 2022

A Xunta tamén deixa por escrito a súa sorpresa pola insistencia do Concello en seguir incluíndo no convenio»para a actuación relativa á expropiación dos terreos, a anualidade de 2022 sabendo, como calquera xestor debe saber, que o convenio non podía tramitarse no ano 2022 (máxime cando o Concello remite a documentación o día 2 de xaneiro de 2023)».

Neste caso, a construción do novo CHUAC pode chocar cun problema que os diferentes grupos municipais veñen sinalando nos últimos meses: a falta de Orzamentos para 2023.

O goberno autonómico remata reiterando «o máximo compromiso da Xunta de levar a bo porto a sinatura do convenio que permita evitar máis dilacións no inicio das obras dunha infraestrutura tan importante e necesaria para a cidade da Coruña e esperamos a máxima colaboración por parte do Concello e a máxima lealdade institucional».

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marta Arias

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.