diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Ciudades

A veciñanza de Bergondo xa pode desfrutar da nova área deportiva e de ocio da Senra, que a Deputación cofinanciou con máis de 330.000

  • 1 de julio de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

A veciñanza de Bergondo pode desfrutar xa da nova área deportiva da Senra. As instalacións, inauguradas de xeito oficial esta mesma tarde, pasan a ser unha referencia no municipio bergondés, toda vez que contaron cun investimento total de 737.000 para a súa execución. A achega provincial a ese orzamento foi do 45 %, pois a Deputación da Coruña financiou 333.436 euros a través do Plan Único. O Concello de Bergondo achegou a cantidade de 403.504 euros.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, acudiu ao acto de inauguración do complexo, con instalacións para a práctica deportiva e de ocio nun mesmo espazo.

A estrea deste espazo coincidiu co centenario do edificio da Senra, polo que Formoso e a alcaldesa, Alejandra Pérez, descubriron sendas placas. No auditorio celebrouse un acto conmemorativo que contou coa participación vía streaming con bergondeses e bergondesas residentes en Nova York.

O presidente provincial mostrou a súa satisfacción por que a Deputación contribúa novamente co seu «gran de area» á mellora dun lugar de gran relevancia histórica e tamén punto de encontro da veciñanza. «Galicia está chea de edificios como A Senra», sinalou en referencia ás construcións para a educación e a cultura promovidas nos séculos XIX e XX pola emigración.

Formoso lembrou que moitas daquelas persoas que tiveron que marchar de Galicia naquela época cruzaron o Atlántico «co anhelo de mellorar», mais nesa nova vida que iniciaron «non esqueceron nunca as súas raíces», porque se trataba de xente «necesitada de achegar progreso á terra que deixaron atrás, e o seu esforzo está presente practicamente en todas as vilas de Galicia».

A Guerra Civil significou a perda temporal da Senra para as bergondesas e os bergondeses, lembrou Formoso, pero «despois, coa democracia, chegou a reconstrución, que simboliza o mellor do país, a reconciliación», afirmou.

A área deportiva e de ocio está situada na contorna do CPI Cruz do Sar, nunha explanada de 6.871 metros cadrados. En 2.000 metros actuouse co fin de mellorar o acceso ao colexio e a dotación de prazas de aparcadoiro. Ademais, renovouse o pavimento colocando un firme mixto, con formigón desactivado nas vías, céspede armado nas prazas de estacionamento e lousas de granito nos pasos habilitados para peóns.

Mentres, nos 4.781 metros cadrados restantes realizouse unha integración entre os elementos deportivos, culturais e de recreo. Por unha banda, creouse unha pista de atletismo de 160 metros de lonxitude e cinco rúas, cunha bancada anexa con capacidade para 490 persoas. Por outra, construíuse unha pista polideportiva de céspede artificial, que vai acompañada cunha área de calistenia con elementos para a práctica deportiva.

O espazo complétase cun auditorio con aforo para 300 persoas, un parque infantil cun pequeno espazo con teito, un percorrido de equilibrio para a cativada, mesas de picnic cubertas e un aparcamento para bicicletas.

Ademais, todo o conxunto da área deportiva e de ocio de A Senra está dotado de iluminación, recollida de pluviais e subministro de auga para as fontes habilitadas e o sistema de rego.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.