diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

A UDC presentará unha nova relación de postos de traballo do seu persoal de administración e servizos logo de nove meses de negociacións

  • 13 de julio de 2021
  • Redacción
Total
0
Shares
0
0

A Universidade da Coruña está somerxida nun proceso de actualización e modernización da organización dos postos de traballo do seu Persoal de Administración e Servizos (PAS), nun proceso que comezou en outubro de 2020 coa negociación dunha nova proposta de Relación de Postos de Traballo (RPT).

As conversas entre Xerencia e a Xunta de Persoal comezaron coa constitución dunha mesa negociadora ad hoc formada, ademais de por Xerencia, por dous representantes de cada sindicato con presenza na Xunta de Persoal. A proposta inicial de RPT foise modificando ao longo das diversas reunións mantidas nestes nove meses e culminará coa presentación do proxecto ante o Consello de Goberno da UDC.

A nova RPT baséase en tres principios básicos: flexibilidade funcional; especialización de mandos directivos e intermedios e mellora da eficiencia da organización e prestación de servizos, sen prexudicar ningún posto de traballo. Dentro dun contexto non expansivo de novas contratacións, preténdese mellorar a eficiencia do desempeño de forma que se adapte a unha administración moderna e dar un mellor servizo á cidadanía.

A flexibilización funcional ten que ver cun reparto de traballo equitativo entre todo o persoal, de forma que os picos de traballo poidan ser asumidos por compañeiros que nese momento teñan menos carga laboral. Este principio aséntase nas competencias que como funcionarios da administración xeral ten o PAS, con coñecementos suficientes para desempeñar tarefas de carácter xeral. A especialización, apuntada como segundo principio da nova RPT, apúntase como básica para o persoal directivo e en mandos intermedios, responsable da organización do traballo da súa unidade ou servizo.  Entre outras novidades que aporta a nova proposta é a creación dun escala de finanzas, con persoal experto en Contabilidade que vén a cubrir unha carencia existente actualmente.

Finalmente, o terceiro principio en que se asenta a RPT é a mellora da eficiencia da organización e prestación de servizos. Isto quere dicir que se propicie o traballo en equipo, de tal forma que a ausencia dun traballador (por motivos de vacacións, baixa, etc.) poida minorarse coa asunción das súas tarefas polo resto de persoal e que non haxa paróns nos trámites administrativos.

A Relación de Postos de Traballo do PAS da UDC establece así mesmo unha proposta de cuestións xerais comúns a todas as unidades administrativas:

  • Dependencia directa e inmediata da xefatura da unidade de todos os postos base.
  • Redacción e descrición dos postos evitando a linguaxe sexista.
  • Eliminación da especialidade, con carácter xeral, nas xefaturas de negociado.
  • Eliminación da columna vacante / non vacante.
  • Eliminación da columna singularizado / non singularizado.
  • Inclusión da columna denominada “Admón.”
  • Eliminación das Unidades de Axuda á Docencia e Investigación (UADI’s)
  • Incorporación do requisito de idioma inglés en postos base de cada unidade administrativa da RPT.
  • Introdución do grupo “B”.
  • Establecemento do concurso específico como forma de provisión, con carácter xeral, para os postos denominados xefaturas de servizo.

A nova proposta de RPT, que mantén todos os efectivos existentes, ten un incremento neto de postos de traballo que ascende a 19.

A RPT actual entrou en vigor en 2016, a nova proposta plantéxase como unha ferramenta na organización de efectivos, susceptible de melloras posteriores pois se entende como un proxecto que se fai entre todo o persoal da UDC.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Redacción

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Galicia
    El PP gallego culmina la sucesión de Feijóo y ya se enfoca hacia las elecciones municipales
    • 22.05.22
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    Paneles para tapar decenas de sillas vacías en el evento de las alcaldesas promovido por el Concello coruñés
    • 20.05.22
    • Sabela Pérez
    • Actualidad
    • Galicia
    El PSOE expulsa a los dos ediles de Santa Comba que apoyaron la moción de censura llevó al PP a la alcaldía
    • 20.05.22
    • Marta Arias
    • Actualidad
    • Coruña
    A Coruña ofrece este verán máis de 7.000 plazas en campamentos infantís
    • 20.05.22
    • Marta Arias
    • Actualidad
    • Galicia
    Rueda confía a Paula Prado la secretaría general del PP gallego
    • 19.05.22
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.