diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

A UDC elexirá ao sucesor do reitor Julio Abalde o próximo 4 de decembro

  • 25 de octubre de 2023
  • Redacción
Total
0
Shares
0
0

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, informou este martes en sesión de Consello de Goberno da próxima convocatoria a eleccións a reitor ou reitora que se publicará este venres, 27 de outubro.

As eleccións á Reitoría serán o 4 de decembro e, de ser preciso unha segunda volta, esta será o 13 do mesmo mes. Julio Abalde non concorrerá a estas eleccións, ao rematar o seu segundo mandato, xa que os Estatutos da UDC limitan a dous mandatos consecutivos o tempo que se pode exercer como reitor ou reitora.

A sesión deste mes de Consello de Goberno tratou outros tema nunha extensa orde do día. Entre eles, aprobouse a participación da Universidade da Coruña na empresa que se constituirá para xestionar a Cidade das TIC, conxuntamente co Concello da Coruña, logo de que o pleno municipal así o acorde.

A sociedade xestora da Cidade das TIC ten como obxectivo desenvolver diversas actividades económicas, industriais e de servizos, como a promoción da participación da cidadanía no uso eficiente e sustentable das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC); a  conservación, construción e rehabilitación das edificacións existentes na Cidade das TIC, incluída a súa urbanización e mantemento; a prestación de servizos de asesoramento para a promoción do sector TIC; a elaboración, planificación e posta en marcha de estratexias relacionadas coa Cidade das TIC ou a xestión, explotación e administración de parques científicos ou tecnolóxicos. Ademais promoverá o emprendemento e creará un polo tecnolóxico TIC e de innovación dixital de referencia a nivel nacional e internacional que actúe como un demostrador de tecnoloxías emerxentes, de apoio ao tecido empresarial pola prestación servizos tecnolóxicos avanzados.

Outras actividades que serán obxecto desta sociedade son a posta a disposición de empresas que queiran instalarse na Cidade das TIC do solo empresarial, espazos e instalacións necesarias mediante diferentes formas de arrendamento ou de explotación; a promoción da ocupación do tempo libre, mediante actividades na Cidade das TIC e a difusión da cultura e equipamentos culturais na Cidade das TIC, entre outras.

Os socios desta entidade decidirán o modo de administración da Sociedade que pode ser un administrador único, varios administradores solidarios ou outras opcións contempladas nos seus estatutos.

A empresa xestora da Cidade das TIC contará cun consello asesor de carácter consultivo, formado por dúas persoas do Clúster TIC Galicia, unha do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), unha da Deputación da Coruña, dúas da Universidade da Coruña e dúas do Concello da Coruña.

A sesión de Consello de Goberno aprobou, ademais, outros asuntos da orde do día, como a Normativa de avaliación e recoñecemento de Grupos de Innovación Docente da UDC, a proposta de premios extraordinarios de Doutoramento da convocatoria 2021-2022, o estudo propio “Curso de formación específica en preparación física e readaptación física no surf” ou a Normativa do Plan de Acción Titorial (PAT) da Universidade da Coruña. Tamén se aprobaron as Táboas de Ponderacións e do Acordo das universidades públicas galegas sobre os procedementos de admisión aos estudos de grao para o curso 2024-2025, e as Normas provisorias de adaptación dos procedementos de selección do persoal docente e Investigador á Lei Orgánica do Sistema Universitario (LOSU), entre outros asuntos.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Redacción

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.