diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

A deputada de igualdade salienta a necesidade de incorporar a perspectiva de xénero na contratación pública

  • 2 de abril de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O Teatro Colón acolleu esta mañá a apertura da segunda xornada do «II Congreso de Contratación Pública» organizado pola área de patrimonio e contratación da Deputación da Coruña. Unha xornada que abriu a deputada de igualdade, Soledad Agra, cunha intervención na que reflexionou sobre a importancia de incorporar a perspectiva de xénero nas políticas públicas. Concretamente, na contratación, á que se referiu como «unha ferramenta de cambio, con moito potencial para lograr efectos e resultados en materia de xénero».

Así, aludiu á lexislación vixente, «que é clara xa desde a aprobación da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspón ao ordenamento xurídico do estado as Directivas do Parlamento Europea e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, cando se incide realmente no deber que toda contratación pública incorpore criterios como o da igualdade de xénero».

Agra redundou na importancia de incorporar cláusulas sobre igualdade de xénero na contratación pública, «decisivas para reducir as desigualdades sociais e de xénero», e na necesidade de que se apliquen «dende a análise e a preparación do contrato». Tamén reflexionou sobre a súa inclusión real, «é urxente que se cumpla a lei», para o que, sinalou «administracións como a Deputación debemos dar soporte, apoio, asesoramento e formación ás entidades locais máis pequenas».

Neste sentido, a área de igualdade da Deputación puxo en marcha o proxecto «Integra o xénero: guías de transversalización de xénero» acompañadas de formación, e dispoñibles na páxina web dacoruna.gal. Unha das moitas iniciativas, que se enmarcan no compromiso da entidade provincial coa igualdade de xénero en todos os espazos. «Imos seguir desenvolvendo políticas públicas propias e tamén imos seguir apoiando os concellos con diferentes actuacións: subvencións para a contratación de axentes de igualdade municipais en concellos de menos de 20.000 habitantes, oferta de actividades de sensibilización, de formación e de asesoramento, subvencións a entidades da provincia para o mantemento de programas de igualdade e contra a violencia machista, poñendo en marcha o regulamento de transversalización, na integración da perspectiva de xénero nas políticas públicas nas diversas áreas de actuación etc.»

A deputada de igualdade dou paso, así, á segunda xornada deste congreso, que conta con varias conferencias e mesas redondas sobre a incorporación da igualdade e de outros ámbitos sociais e medioambientais a todos os procesos de contratación pública dun xeito transversal, e que clausurará o deputado de patrimonio e contratación, Xosé Penas, ás 20:15h.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Coruña
    A Deputación promove o deporte base co Circuíto de Baloncesto 3×3, que se celebrará en Carballo, Ordes e Brión
    • 22.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación clausura en Outes os cursos de Defensa Persoal Feminina, nos que participaron 300 mulleres da provincia
    • 12.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña recibe ao Baxi Ferrol tras o seu histórico subcampionato europeo
    • 07.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    Abderrahmane Aferdi e Alice Finot gañan Os 10.000 Peregrinos, que bate récord de participación
    • 05.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    A Deputación destina 567.317 euros para financiar equipamento e melloras de instalacións a máis de 60 entidades deportivas da provincia
    • 01.04.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad