diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Galicia

A deputada de Emprego visita a empresa Galchimia, gañadora dos Premios PEL en 2020 e referente europeo en síntese química desde Touro

  • 5 de junio de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

A deputada de Emprego, Política Demográfica e Medio Ambiente, Rosa Ana García, visitou en Touro a empresa Galchimia, unha das gañadoras dos premio PEL en 2020.

Xunto coa CEO e fundadora da empresa, Carme Pampín, e persoal técnico da área de Emprego da Deputación, Rosa Ana García tivo ocasión de visitar os laboratorios e coñecer de primeira man o traballo de investigación e innovación que desenvolve a empresa, que é referente en síntese química en toda Europa. Entre os seus logros destaca o desenvolvemento do único fármaco no mundo (denominado AGMB-129) que combate a estenosis asociada á enfermidade de Crohn.

A deputada destacou a posta en marcha dun laboratorio de investigación química con capital integramente galego que dá saída ao potencial e talento investigador formado das universidades galegas. «Galchimia proporciona unha saída profesional para moitos mozas e mozas cunha formación excelente e contribúe a reter e atraer talento, demostrando que é posible xerar emprego de calidade desde un pequeno municipio rural nun eido tan especializado como o da industria biotecnolóxica e farmacéutica», afirmou.

Carme Pampín, fundadora e CEO da empresa,agradeceu novamente o galardón recibido e destacou que este supuxo «un recoñecemento para a nosa labor e sobre todo para o emprendemento, que sempre é difícil, especialmente no rural».

«Este tipo de premios axudan a visibilizar e poñer en valor o traballo que estamos facendo. Por suposto animo a outras empresas a presentarse porque creo que temos que transmitir ás sociedade o tipo de traballo que as empresas galegas están facendo en moitos sectores e que é aínda moi descoñecido», apuntou a CEO de Galchimia.

Ata o 18 de xuño está aberto o prazo de presentación de candidaturas aos Premios PEL 2024, que este ano repartirán 72.000 euros e n premios ás mellores iniciativas empresariais novas, consolidadas e verdes da provincia.

As entidades gañadoras de cada categoría recibirán un premio de 18.000 euros. As categorías convocadas este ano son as seguintes:

1ª CATEGORÍA: premio á mellor iniciativa transformadora nova. Destinada a recoñecer o labor das pequenas e medianas empresas, microempresas e autónomos/as que iniciasen a súa actividade empresarial nas anualidades 2023 ou 2024.

2ª CATEGORÍA: premio á mellor iniciativa transformadora consolidada. Destinada a recoñecer o labor das pequenas e medianas empresas, microempresas e autónomos/as que iniciasen a súa actividade empresarial durante a anualidade 2019 ou con anterioridade.

3ª CATEGORÍA: premio á mellor iniciativa verde. Destinada a recoñecer o labor das pequenas e medianas empresas, microempresas, autónomos/as, asociacións e clusters empresariais e concellos que conten con proxectos que teñan por obxectivo a transición ecolóxica e enerxética, a loita contra o cambio climático, a agricultura sostible, a protección do medio ambiente, a preservación da biodiversidade, a economía circular e/o o uso eficiente dos recursos.

CATEGORÍA A PROPOSTA DO XURADO: premio á mellor iniciativa transformadora do rural. Sen postulación previa de candidaturas.

A participación só poderá realizarse mediante a presentación telemática da documentación especificada nas bases, a través da plataforma SUBTeL, na convocatoria PEL-EPR PREMIO 2024.

O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o 18 de xuño de 2024 ás 14.00 horas.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.