diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Ciudades

A Deputación redobra o seu apoio ao Rallye de Narón, que celebra esta fin de semana a súa 37ª edición

  • 19 de mayo de 2025
  • Redacción
Total
0
Shares
0
0

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o deputado de Deportes, Antonio Leira, participaron hoxe xunto á alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e representantes da escudería Siroco Team e das federacións galega e española de automobilismo e dos concellos polos que discorrerá o trazado na presentación oficial da 37ª edición do Rallye de Narón, unha das probas automobilísticas máis emblemáticas e esperadas do calendario galego, que se celebrará esta fin de semana, os días 23 e 24 de maio.

A competición, organizada pola escudaría Siroco Team Narón, consolidada desde 1988 como un referente do motor en Galicia, volve ser puntuable para o Campionato de España de Rallyes de Asfalto (CERA), que este ano conta con só seis citas en toda España.

Durante o acto de presentación, celebrado na praza exterior do Concello de Narón, o presidente provincial destacou que «eventos coma o Rallye de Narón proxectan a imaxe da comarca de Ferrolterra como un destino deportivo e turístico de primeiro nivel, ao tempo que supoñen unha importante dinamización económica para o conxunto do territorio». O presidente puxo en valor o compromiso da Deputación coa promoción do deporte, desde as categorías de base a grandes eventos deportivos que son unha referencia no seu ámbito como o rallye naronés.

Este ano, a institución provincial redobra a súa aposta polo Rallye como unha das probas máis importantes do calendario galego e estatal, cunha achega extraordinaria de 50.000 euros que sitúan á Deputación da Coruña como o principal patrocinador institucional da competición, un xesto de apoio que agradeceron tanto desde a Escudería Siroco como desde a Federación Galega.

A proba deste ano contará cun itinerario total de 418 quilómetros, dos cales 120 serán cronometrados, con tramos que atravesan os concellos de Narón, Valdoviño, As Somozas, San Sadurniño, Moeche e Cerdido. O venres terá lugar o tradicional shakedown na parroquia de San Xiao, mentres que o groso da competición desenvolverase durante a xornada do sábado.

Pecharon as inscricións con 65 equipos participantes e a presenza confirmada de destacados pilotos do panorama estatal como o actual campión de España, o naronés Jorge Cagiao, que tamén estivo presente na presentación; así como Enrique Cruz, Miguel Fuster ou Daniel Berdomás. A provincia da Coruña continúa a ser unha referencia no mundo do motor, non só pola calidade das súas probas –como o Rallye da Coruña, o de Ferrol ou o das Rías Altas de vehículos históricos–, senón tamén por ser berce de grandes pilotos e copilotos como Germán Castrillón, Víctor Senra, Carlos Piñeiro, Luís Moya ou o propio Cagiao.

Formoso destacou tamén o impacto positivo que o Rallye de Narón ten sobre a economía local. Durante a fin de semana da competición, a comarca recibe a centos de visitantes, afeccionados, equipos e medios de comunicación, o que se traduce nun aumento da ocupación hostaleira e da actividade comercial. «Este rallye é unha boa oportunidade para mostrar o mellor da nosa terra aos milleiros de persoas que se achegan cada ano», concluíu o presidente.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Redacción

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.