diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Ciudades

A Deputación promove o deporte base co Circuíto de Baloncesto 3×3, que se celebrará en Carballo, Ordes e Brión

  • 22 de abril de 2025
  • Redacción
Total
0
Shares
0
0

A Deputación da Coruña pon en marcha o Circuíto de Baloncesto 3×3 Deputación da Coruña, unha proposta dirixida ao deporte base e que se desenvolverá en tres concello da provincia: Carballo (fase previa- 7 de xuño), Ordes (fase previa- 14 de xuño) e Brión (fase final-28 de xuño).

A iniciativa, que se realiza en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto, está dirixida a nenos e nenas nados entre 2011 e 2016 con licenza federativa para a presente tempada 2024-2025 e pertencentes a equipos de baloncesto da provincia da Coruña.

Establécense tres categorías: Preminibasquet (nados no 2015 e 2016), minibasquet (nados no 2013 e 2014) e infantil (nados no 2011 e 2012).

O deputado de Deportes, Antonio Leira, destacou que con esta actividade, a Deputación busca impulsar a práctica do baloncesto entre os máis pequenos e impulsar o deporte de base, como fai xa cos circuítos doutras disciplinas deportivas como o atletismo e o balonmán.

Cada club poderá inscribir un máximo de tres equipos, que estarán integrados por un máximo de catro xogadores e un mínimo de tres. Ademais, cada equipo deberá contar cun responsable que terá que ser un representante do club con licencia federativa e maior de idade.

Inscricións abertas

As inscricións, que son completamente gratuítas, deben realizarse a través da intranet no portal de clubs da Federación Galega de Baloncesto: https://fegaba.gesdeportiva.es/clubes. Poderanse inscribir un máximo de 16 equipos por categoría e sedes das fases previas.

Os partidos celebraranse en xornada única en horario de mañá e tarde. A organización reservarase a posibilidade de axustar os emprazamentos segundo as previsións meteorolóxicas.

A competición consta dunha fase previa con dúas sedes que se xogará en forma de liga de grupos, cun máximo de catro equipos, establecidos por sorteo puro e a dobre volta. Na fase final participarán os 16 mellores equipos de cada categoría en base aos puntos sumados na fase anterior. O formato de xogo será de play-off, con cabezas de serie que se establecerán en función da clasificación na fase previa, e o resto de equipos por sorteo puro.

Os equipos máis destacados na fase previa recibirán un trofeo e medallas; na fase final serán agasallados cun trofeo, medallas e vales para a compra de material deportivo en establecementos da provincia

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Redacción

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.