diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Galicia

A Deputación presenta a campaña institucional do 25N, que nesta ocasión pon o foco nas Infeccións de Transmisión Sexual

  • 22 de noviembre de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

A área de Igualdade da Deputación da Coruña, liderada pola deputada Soledad Agra, presenta un ano máis súa campaña institucional do 25 de novembro, «DE FRONTE á violencia de xénero» co obxectivo de incidir na sensibilización e concienciación da mocidade. Nesta ocasión, a entidade provincial pon o foco nas Infeccións de Transmisión Sexual (ITS), vinculando o seu incremento coa como violencia de xénero, concretamente con comportamentos de risco, manipulación e engano.

«A falta de educación sexual na rapazada provoca que a súa fonte de información sexa en moitos casos a pornografía, provocando prácticas sexuais machistas, de abuso e risco» sinalou a deputada, «por iso quixemos poñer o foco nesas condutas de violencia machista que son culpables, ademais, do incremento que estamos vendo de ITS na mocidade». Baixo o lema ‘moito coidado’, «queremos explicar que hai que coidarse nas relacións afectivas e sexuais, e tamén ter coidado».

Dende Femur, a empresa que se encarga da campaña, Judit Cabanas explicou que «o concepto de ‘moito coidado’ fai referencia ao problema e a solución», sinalando que «durante o traballo previo identificamos tipos de violencia que acaban nisto, e pareceunos fundamental visibilizar estas violencias». Para iso, «utilizamos un ton que nos permita chegar á xente máis nova, con mensaxes en positivo e animando a sociedade a mudar a violencia por coidado».

Así, este 25N a campaña da Deputación pon o foco na identificación das diferentes formas de violencia de xénero e especialmente incide na concienciación sobre as ITS e a implicación do xénero coa finalidade de previr as condutas machistas e neglixentes nas relacións sexuais. #DeFronte apela directamente á implicación dos Concellos e das entidades sociais da provincia, contando coa adhesión de 91 concellos e 108 entidades sociais, educativas e empresariais. «Ofrecemos un espazo onde concellos, entidades, e centros, e tamén a cidadanía en xeral, obteñan material dixital, contidos informativos, xogos interactivos e recursos didácticos actualizados durante todo o ano» sinalou Bea Loureiro, de Nova Xestión Cultural.

Actividades durante todo o ano
#DeFronte desenvolverase ao longo de varias semanas e inclúe unha serie de accións co obxecto de xerar un espazo de diálogo e reflexión arredor da prevención, reparación e eliminación da violencia de xénero: actualización das ferramentas que se atopan na web defronte.gal; elaboración de material audiovisual en materia de prevención de ITS; recursos dixitais para empregar nos puntos violeta e xogos interactivos.

Por outro lado, o propio luns 25 de novembro, terá lugar unha actividade simbólica de sensibilización nos 11 centros de traballo da Deputación, onde se lerá un manifesto que inclúe declaracións reais de vítimas de violencias machistas. Ademais, terán lugar 5 palestras en varios puntos da provincia arredor das distintas formas violencias de xénero.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Coruña
    A Deputación promove o deporte base co Circuíto de Baloncesto 3×3, que se celebrará en Carballo, Ordes e Brión
    • 22.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación clausura en Outes os cursos de Defensa Persoal Feminina, nos que participaron 300 mulleres da provincia
    • 12.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña recibe ao Baxi Ferrol tras o seu histórico subcampionato europeo
    • 07.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    Abderrahmane Aferdi e Alice Finot gañan Os 10.000 Peregrinos, que bate récord de participación
    • 05.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    A Deputación destina 567.317 euros para financiar equipamento e melloras de instalacións a máis de 60 entidades deportivas da provincia
    • 01.04.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad