diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Arteixo

A Deputación pon en marcha os obradoiros “Pasado, presente e futuro do fútbol feminino” en colaboración co Pastoriza SCD

  • 12 de marzo de 2024
  • Manuel Pastor
Total
0
Shares
0
0

A área de igualdade da Deputación, liderada pola deputada Soledad Agra, pon en marcha 5 obradoiros sobre fútbol feminino en colexios da comarca para alumnado de primaria e de secundaria. O obxectivo destes obradoiros impartidos por Pablo Mariño, adestrador UEFA B da SCD Pastoriza fútbol base feminino; por Cristina Oreiro, adestradora interría feminino 2º división RFEF ex xogadora do Pastoriza; por Uxía Vázquez García, xogadora do SCD Pastoriza e por Carmen Rodríguez, ex xogadora dos anos 60 do SCD Pastoriza Femenin, é analizar a historia recente do fútbol feminino, a situación actual e a importacia do fútbol como medio de formación integral das nenas.

Serán obradoiros nos que as nenas e nenos poderán interacturar coas persoas participantes, preguntar e visualizar imaxes, así como poder saber como foi a evolución até a situación actual, mais tamén coñecer todos os atrancos que a día de hoxe se poden atopar no fútbol feminino e no deporte feminino en xeral.

Os dous primeiros destes obradoiros van ter lugar o día 20 de marzo ás 10:15 horas para alumnado do CEIP de Arteixo no auditorio do Centro de novas tecnoloxías e, posteriormente, ás 12:40 para o alumnado de 1º da ESO do IES Manuel Murguía.

Estes obradoiros que pon en marcha Igualdade da Deputación da Coruña dan continuidade a un camiño iniciado xa en 2016 co documental sobre deporte feminino «Contra os elementos», coa realización de 18 videoforums en toda a provincia da Coruña sobre deporte feminino ou coa publicación do libro da autoría de Cristina López Villar » Mulleres pioneiras no deporte».

O SCD Pastoriza ten na actualidade máis de 100 fichas de mulleres no clube e conta con catro equipos na liga galega de promesas (campioas temporada 21-22); 1 na liga infantil galega (campionas na fase regular en 2022-2023); 1 equipo senior na liga F/ -Liga coruña FGF e outro equipo senior na Liga de Fútbol 11 -2º división FGF.

O Pastoriza tivo nos anos 60 do século XX un equipo de fútbol de mulleres que xogaban de xeito periódico ao fútbol e que incluso se desprazaron a outras localidades da comarca coruñesa, mais foi nos anos 90 cando un grupo de mozas e mozos denominado » Os berróns» puxeron o fútbol feminino dentro da sociedade deportiva como un dos seus piares. En 1994 organizaron o I torneo de fútbol 7 feminino. Coa chegada do século XXI e coa celebración do 50 aniversario da sociedade foi o momento de crear equipos femininos permanentes e federados de xeito estábel. Nos últimos anos os equipos femininos do Pastoriza gañaron varios campionatos e organizáronse desde a sociedade varios campus deportivos de fútbol feminino e os campionatos de España sub 14 e sub 18 .

Desde o ano 2019 veñen realizando intercambios con equipos femininos doutros paises de europa, o Bath Youth da cidade inglesa de Bath, a Copehague en 2023 e neste 2024 farano cun equipo de Aarau (Suíza).

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Manuel Pastor

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad