diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Galicia

A Deputación mellora a seguridade do acceso a San Andrés de Teixido coa execución dunha variante para eliminar a curva do Rego de Tide, en Cedeira

  • 3 de abril de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, supervisou hoxe acompañado da deputada de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, e do alcalde de Cedeira, Pablo Moreda Gil, as obras de mellora da seguridade viaria da estrada DP 2206, na zona do Rego de Tide, nas que a institución provincial inviste 394.122 euros.

Trátase dun vial moi transitado, tanto pola veciñanza como polos visitantes, xa que por ela circulan os vehículos que van a San Andrés de Teixido, un lugar turístico moi concorrido, que ao longo do ano recibe un gran número de autobuses, que debían transitar pola zona da vaguada do Rego de Tide a unha velocidade limitada a 30 km/h por unha curva de radio moi reducido, que apenas permite o cruzamento de dous vehículos en condicións de seguridade.

Para rematar con este problema, as obras que se están executando entre os puntos quilométricos 0+920 e 1+220, eliminan esta curva perigosa e habilitan unha variante cun novo trazado, ao sur do actual, que discorre en terraplén con curvas amplas de 120 e 200 metros de radio e velocidades de deseño para circular con seguridade a 80 km/h.

O proxecto inclúe a canalización do rego cun marco prefabricado de formigón armado de 2x 2 metros para dar continuidade ao regato ao longo dos 42 metros que ocupa a base do terraplén.

Formoso explicou que a obra suporá «unha importante mellora da seguridade na zona e no acceso a San Andrés de Teixido», facilitando a circulación dos numerosos vehículos de veciños que discorren por ela a diario e tamén dos autobuses turísticos que recibe, sobre todo na época estival. «Agardamos que as obras estean rematadas este mesmo verán, que é cando se produce unha maior afluencia de visitantes», afirmou o presidente, que destacou que se trata dunha actuación «moi necesaria».

O presidente destacou tamén que a Deputación vén de aprobar esta mesma semana o seu Plan Estratéxico de Estradas 2024-2029, co que pretende «planificar, racionalizar e modernizar» a xestión da súa ampla rede de estradas provincial, que conta con case 2.100 quilómetros, «con actuacións coma esta, que elimina un punto perigoso e garante unha circulación máis segura».

Pola súa banda, o alcalde, Pablo Moreda, destacou que as obras son «moi necesarias e moi demandadas pola veciñanza, e cobran máis importancia na actualidade, logo de ser xa declarados como Xeoparque por parte da Unesco, co potencial turístico que iso conleva».

O rexedor sinalou que «os investimentos da Deputación para a mellora de infraestruturas están a ser moi importantes para Cedeira, con investimentos como a mellora do saneamento na zona rural, a creación de sendas e beirarrúas ou como ou ae renovación do chan do pavillón polideportivo».

A Deputación concedeulle ao Concello de Cedeira unha subvención de carácter nominativo por valor de 187.000 euros para mellorar as instalacións a través de renovación da súa pista. Na actualidade utilizan a diario esta infraestrutura 10 clubs do municipio e utilízano máis de 400 deportistas cada día.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.