diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Ciudades

A Deputación leva este mes a pleno a subvención de 750.000 euros ao Concello de Ferrol para financiar as obras do alumeado do estadio da Malata

  • 4 de noviembre de 2024
  • Manuel Pastor
Total
0
Shares
0
0

A Deputación da Coruña levará ao pleno ordinario do mes de novembro o convenio co Concello de Ferrol para cofinanciar as obras de renovación do alumeado do estadio municipal da Malata, que ascenden a preto de 1,5 millóns de euros, dos que a institución provincial financiará o 50%, 750.000 euros.

Apenas 48 horas despois de recibir o proxecto e a documentación coas rectificacións requiridas pola Deputación ao Concello de Ferrol, o servizo de Asistencia a Municipios da institución provincial emitiu o seu informe favorable e aprobouse na Xunta de Goberno do pasado xoves a incorporación da subvención para o alumeado do estadio da Malata ao Plan Estratéxico de Subvencións, no que supón o derradeiro paso administrativo para levar o convenio á comisión e ao pleno para a súa aprobación definitiva.

Así, prevese que o pleno de novembro dará luz verde definitiva ao convenio co Concello de Ferrol para financiar a renovación integral do alumeado do estadio municipal da Malata, que data de 1993 e actualmente non cumpre cos requisitos que impón a normativa de LaLiga de Fútbol para os partidos da segunda división.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, destacou «o apoio continuo» que a Deputación vén prestando ao Racing de Ferrol, con investimentos como este, que permitirá solucionar unha importante eiva do estadio municipal ferrolán e que se suma ao medio millón investido nos últimos anos na reforma da grada norte da Malata e aos 150.000 euros cos que a institución provincial apoia ao equipo para promocionar Ferrol e a provincia da Coruña como destino turístico en toda España, unha cantidade que a Deputación planea incrementar nos orzamentos de 2025.

O novo alumeado da Malata estará baseado en tecnoloxía LED e cumprirá todos os requirimentos esixidos por LaLiga EA Sports en HD (primeira categoría do fútbol profesional) conforme ao establecido no regulamento para a retransmisión televisiva dos partidos.

En cada unha das catro torres, que se someterán a un exhaustivo proceso de revisión, limpeza da estrutura e tratamento anticorrosión, instalaranse 27 proxectores, dispoñendo ademais outros 120 repartidos no aleiro da cuberta (50 en tribuna, 50 en preferencia, 10 no fondo sur e dez no fondo norte) . Comporanse de dous tipos de luminarias e sete tipos de ópticas.

O sistema de alumeado incorpora un sistema de control centralizado DMX que permite a regularización e monitorización do sistema, así como a implementación de espectáculos de luces. Tamén se instalará un grupo electróxeno que proporcionará o subministro de reserva para os sistemas de retransmisión televisiva e e alumeado do estadio en caso de fallo no subministro eléctrico.

Finalmente, substituirase o actual sistema de pararraios de cada unha das catro torres por un novo sistema con tecnoloxía de verificación a distancia e sistema de protección 3.

Unha vez aprobado e asinado o convenio de colaboración, o Concello de Ferrol encargarase de licitar e executar as obras, que teñen un prazo de execución de dous meses e medio.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Manuel Pastor

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.