diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

A Deputación leva ‘A provincia que sabe’ ao Galicia Fórum Gastronómico, que se celebra do 7 ao 9 de abril na Coruña

  • 5 de abril de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

A Deputación da Coruña estará presente de novo no Galicia Fórum Gastronómico, que se celebra na cidade da Coruña do 7 ao 9 de abril no recinto ferial de Expocoruña, onde presentará a súa campaña turística e gastronómica «A provincia que sabe», que identifica a excelencia da cadea agroalimentaria de todos os recunchos da provincia. O domingo 7 ás 11:30h celebrarase o acto inaugural, no que participará o vicepresidente da Deputación e deputado de Turismo, Xosé Regueira.

Durante os tres días que dura o Galicia Fórum Gastronómico a área de turismo provincial ofrece unha programación protagonizada por produtores e produtoras locais, e chefs de referencia da provincia: mostras de produtos, degustacións, vermús, catas, presentacións e showcookings son algunhas das actividades que se levarán a cabo no stand da Deputación, que darán a coñecer ao público a gran diversidade gastronómica que hai ao longo da provincia.

A Deputación aportará ao evento a presenza de chefs e restaurantes de toda a provincia, que deleitarán ao público cos seus showcookings: O restaurante A Horta do Obradoiro (Santiago de Compostela) con Kike Piñeiro e Eloy Cancela; A Tafona (Santiago de Compostela) con Lucía Freitas; o Restaurante Mar de Ardora (Cabana de Bergantiños) con Marisol Martínez Mato; O restaurante Carrumeiro (Corcubión) con Rafael Fuentes; o restaurante Albatros (Outes) con Manuel Neiro; o restaurante Espazo Abella (Santiago De Compostela) con André Arzúa; a taberna O Lambón (Carballo) con Xusto Posse e Marcos Silva; e Xearte Brigitte, con Bríxida Hermida (xeadeira).

Ademais, o stand da entidade provincial será unha posta en valor dos produtos locais galegos, contando con diversos produtores como é o caso de Choiva Viños (A Coruña), Bodegas Lodeiros (Santiago de Compostela), Apia Natura (Oza-Cesuras), A Despensa D’Lujo (Coristanco), Cafés Lúa (Carballo), Casa da Avoa (Outes), Pandejuevo (Cee) e Xearte Brigitte (Santiago de Compostela).

Unha vez máis, a área de turismo da Deputación da Coruña exhibirá os saberes e sabores da provincia, a través de «A Provincia que sabe», no Galicia Fórum Gastronómico: o maior evento gastronómico profesional do norte de España. Desde o seu nacemento, no ano 2008, converteuse nunha plataforma de lanzamento e promoción do talento dos mellores cociñeiros galegos, ademais de ser un foro de formación e renovación culinaria.

Durante a súa celebración atrae á provincia numerosos visitantes chegados desde distintas partes do país, con máis de 22.000 visitantes, 200 expositores e máis de 30 estrelas Michelín.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.