diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

A Deputación inviste 300.000 euros para apoiar a ASPERGA na compra do seu novo local na cidade da Coruña

  • 13 de enero de 2025
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a súa homóloga de ASPERGA, Rita Concepción González Fernández, e a deputada de Política Social, Mar García Vidal, asinaron esta mañá o convenio de colaboración polo que a institución provincial financiará con 300.000 euros a compra da nova sede da entidade na cidade herculina, un local de 350 metros cadrados situado na avenida de Oza, 240, que se destinará a ofrecer servizos sociosanitarios a persoas con autismo con grao de apoio 1 e 2 e ás súas familias.

A achega provincial representa o 80% do prezo total do inmoble, que ascende a 375.000 €. O 20% restante é achegado pola entidade.

Esta colaboración económica da Deputación chega despois da visita do presidente á entidade durante os últimos meses na que, entre outras cuestións, trasladaron a necesidade de dotarse dun novo local.

«ASPERGA é unha entidade que dende hai case dúas décadas presta un servizo enorme á sociedade e tiña un problema de carencia de espazo na sede que tiñan alugada no polígono de Agrela. Con esta axuda queremos apoiar o importante labor que desenvolven cunha sede acorde ás súas necesidades», afirmou Formoso, que destacou «o apoio fundamental» que a entidade presta ás persoas con TEA e ás súas familias.

ASPERGA naceu en 2006 e a súa actividade está baseada en crear e organizar de diagnóstico e detección temperá de TEA; na atención especializada sanitaria e social; na terapia psicolóxica individual e en grupo; na pedagoxía, logopedia e terapia ocupacional; na formación para docentes e profesionais; e na orientación socio laboral para o emprego.

Actualmente, a entidade conta con arredor de 500 socios e socias aos que se prestan servizos especializados nos centros da Coruña e Santiago de Compostela a través da facilitación da inclusión social, a promoción da práctica do deporte ou a realización de terapias psicolóxicas, logopédicas, de terapia ocupacional e valoracións específicas en TEA. Actualmente, é o único centro da provincia especializado en persoas con autismo de grao tipo 1 e 2, sen discapacidade intelectual nin deterioración da linguaxe.

Segundo os datos das entidades, en Galicia viven máis de 27.000 persoas diagnosticadas con Trastornos do Espectro Autista. A Deputación colabora coas entidades de persoas con TEA financiando múltiples programas de inclusión e fomento da autonomía persoal e melloras nas súas instalacións.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Coruña
    A Deputación promove o deporte base co Circuíto de Baloncesto 3×3, que se celebrará en Carballo, Ordes e Brión
    • 22.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación clausura en Outes os cursos de Defensa Persoal Feminina, nos que participaron 300 mulleres da provincia
    • 12.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña recibe ao Baxi Ferrol tras o seu histórico subcampionato europeo
    • 07.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    Abderrahmane Aferdi e Alice Finot gañan Os 10.000 Peregrinos, que bate récord de participación
    • 05.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    A Deputación destina 567.317 euros para financiar equipamento e melloras de instalacións a máis de 60 entidades deportivas da provincia
    • 01.04.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad