diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Ciudades

A Deputación inicia a primeira fase do Plan de Recuperación das Baterías Militares de Ferrolterra, “que aspira a ser unha referencia en Europa”

  • 10 de enero de 2025
  • Manuel Pastor
Total
0
Shares
0
0

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asinou esta mañá cos alcaldes de Ares, Julio Iglesias, e Valdoviño, Alberto González, os convenios para a posta en marcha da primeira fase do Plan de Recuperación das Baterías Militares de Ferrolterra.

Os convenios regulan a encomenda da xestión por parte de ambos os dous concellos, titulares das baterías de Bailadora (Ares) e Campelo (Valdoviño), á Deputación da Coruña para a redacción dos proxectos e as obras dunha primeira fase do plan.

A Deputación da Coruña investirá nestas intervencións iniciais un total de 621.420 euros. Por unha banda, o acondicionamento do entorno da batería de Bailadora de Ares conta cun investimento inicial de 355.242,60 euros para a redacción e a execución dos primeiros traballos na zona. No caso da batería de Campelo, en Valdoviño, o orzamento é de 266.177,40 euros.

A maiores destes dous convenios, a Deputación da Coruña asinará proximamente un terceiro co Concello de Ferrol para a recuperación das baterías de Monteventoso e o seu entorno, que completará o millón de euros de financiamento anunciado para esta primeira fase do proxecto de recuperación.

«Hoxe damos os primeiros pasos dun proxecto moi ambicioso de recuperación do patrimonio da costa de Ferrolterra, que se vai a desenvolver en varias fases porque se trata dun investimento moi importante para a recuperación destes espazos. Un proxecto que pretende recuperar o esplendor destes antigos emprazamentos militares da comarca de Ferrolterra e convertelos en importantes atractivos turísticos», apuntou o presidente da Deputación da Coruña.

«Ares, Ferrol e Valdoviño forman parte dunha pantalla defensiva creada a principios do século pasado, na que centos de persoas fixeron un esforzo enorme na súa construción, e que teñen un valor histórico intrínseco moi recoñecido a nivel internacional, tal e como vimos no congreso que organizamos en Ferrol sobre esta materia, pero que aquí foi progresivamente abandonado polas distintas administracións», afirmou Formoso, que incidiu en que nunha primeira fase desenvolveranse, ademáis da redacción dos proxectos, traballos de desbroce, acondicionamento e recuperación dos accesos, recuperación de parte das estructuras e sinalización.

Formoso sinalou que «a Deputación aspira a que sexa un proxecto de referencia en Europa no vindeiro lustro» e pediu a colaboración da Xunta, que ten as competencias en materia de Patrimonio e Cultura, «na medida que poida. Non se trata de pór deberes a ninguén, senón que é unha cuestión de implicación».

A maiores deste millón de euros de investimento contemplado na primeira afse do proxecto, a Deputación da Coruña obtivo 2 millóns máis do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España para desenvolver o Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD) das baterías de defensa de Ferrolterra. Esta concesión avala e reforza o proxecto da institución provincial para a rehabilitación das baterías de defensa da costa de Ferrolterra e a súa dinamización como destino turístico sustentable e que xerará novas oportunidades económicas no territorio.

Entre as propostas de actuacións a desenvolver con cargo ao PSTD inclúese a recuperación do observatorio meteorolóxico de Monteventoso, a creación do aparcadoiros disuasorios no acceso ás baterías, a adecuación do firme de acceso ás baterías militares con zona para peóns e ciclistas, a sinalización de camiños ciclables, a mellora do alumeado eficiente no centro histórico de Ferrol e no entorno das infraestruturas do patrimonio militar, a creación dunha páxina web e un mapa virtual cos recursos turísticos, a recuperación e limpeza do baluarte de San Xoán, o desenvolvemento de ferramentas dixitais sobre o patrimonio histórico do centro de Ferrol e as baterías militares da Costa Ártabra e a rexeneración de zonas verdes e parques públicos.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Manuel Pastor

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.