diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Galicia

A Deputación habilitará un aparcadoiro disuasorio e unha lanzadeira de bus eléctrico ás Fragas do Eume

  • 4 de junio de 2024
  • Manuel Pastor
Total
0
Shares
0
0

A Deputación da Coruña vén de sacar a licitación pública a redacción do proxecto e dirección da obra do aparcadoiro disuasorio na contorna das Fragas do Eume, no Concello da Capela, ao que destina un investimento de 13.078,39 euros, impostos incluídos.

O adxudicatario do contrato debe planear unha obra que entra dentro da actuación ‘Implantación de una lanzadera eléctrica, aparcamientos disuasorios y mejoras de movilidad del Parque Natural Fragas do Eume’, do Plan de Sostenibilidad Turística en Destino (PSTD) Fragas do Eume. O contrato enmárcase dentro do Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationUE.

Con esta a actuación, dáse un paso importante no dobre obxectivo de reducir o uso do vehículo privado no parque natural e solucionar a problemática no referente ás prazas de estacionamento dispoñibles para os e as visitantes, especialmente durante os meses de verán.

A proposta planea unhas obras de urbanización cun orzamento de licitación estimado de 146.921,61 euros nunha parcela ubicada no Concello da Capela que linda co Centro de Saúde e o parque municipal, no lugar de As Neves, desde onde se ofrece un acceso directo ao Parque Natural das Fragas do Eume.

A área de intervención prevista é de 2.350 metros cadrados e neles construirase un aparcadoiro disuasorio,con materiais de construción sostibles e zonas de terreo vexetal que ocupen entorno ao 25-20% da superficie e que sexan suficientes para a correcta infiltración das augas. O espazo deberá dispoñer de prazas para persoas con mobilidade reducida e para o estacionamento de turismos, motocicletas e bicicletas.

Ademais, contará con prazas para oito caravanas e espazos para dar servizo aos seus usuarios (tomas de auga e sumidoiros conectados á rede de evacuación municipal, contenedores de recollida selectiva de lixo..), así como punto de recarga para dous vehículos eléctricos de forma simultánea.

O proxecto contempla, unha vez rematadas as obras do aparcamento disuasorio, o subministro dun vehículo eléctrico de transporte público que preste o servizo de traslado dos visitantes desde este punto ata o parque natural das Fragas do Eume.

O obxectivo é reducir as emisións de Co2 e a contaminación acústica que produce o tránsito continuo de vehículos de combustión, así como a xeración de residuos dentro do Parque Natural das Fragas do Eume, ao mesmo tempo que se consigue unha mellor ordenación do tráfico eliminando os problemas de estacionamento que se producen especialmente durante a época estival.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Manuel Pastor

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.