diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

A Deputación e EspazoCoop impulsan o cooperativismo e a economía social na provincia

  • 22 de febrero de 2024
  • Manuel Pastor
Total
0
Shares
0
0

A deputada de Industria, Empresa, Medio Ambiente, Emprego e Política Demográfica da Deputación da Coruña, Rosa Ana García e a presidenta da Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, Ana Olveira, mantiveron unha xuntanza de traballo para analizar e facer balance as actividades desenvolvidas nos últimos anos de maneira conxunta polas ambas dúas entidades.

A Deputación da Coruña e EspazoCoop levan colaborando catro anos co obxectivo de fomentar o traballo e función das cooperativas, ademais de promover a economía social. Neste tempo leváronse a cabo diferentes tipos de actividades como itinerarios de emprendemento, consolidación e xornadas técnicas nas que participaron máis de 1.000 persoas e preto de 100 entidades da economía social.

Os principais obxectivos desta colaboración son divulgar e difundir as posibilidades que ofrecen as fórmulas de economía social, nomeadamente o cooperativismo, para a xeración de emprego, ademais de xerar novos postos de traballo de calidade vinculados á economía social e máis concretamente ao cooperativismo, explorando as posibilidades que ofrecen as novas liñas e sectores de actividade. Tamén se busca garantir a reactivación e supervivencia da actividade e mantemento de emprego das pequenas cooperativas da provincia da Coruña, servindo de apoio ás entidades locais para o fomento do tecido económico e empresarial.

A deputada de Industria, Empresa, Medio Ambiente, Emprego e Política Demográfica da Deputación da Coruña, Rosa Ana García, sinalou a importancia do cooperativismo en Galicia, «que medra cada ano, creando emprego ligado ao territorio, especialmente no mundo rural» e subliñou que «a economía social representa o 7% do PIB galego e sostén 17.000 empregos na nosa comunidade, polo que é importante que prestemos a nosa atención e apoio desde as administracións».

Segundo Ana Olveira, Presidenta de EspazoCoop, «os convenios asinados coa Deputación axudan a crecer e consolidar o tecido cooperativo na provincia sobre todo nos concellos rurais onde as actividades teñen un maior impacto. Non só executamos accións na cidade da Coruña, outros concellos como Sada, Boiro, Ordes, Melide, Oleiros e Ortigueira tamén foron escenario de diferentes iniciativas».

A Unión de Cooperativas Espazocoop é unha entidade multisectorial de carácter empresarial, configurada como asociación sen ánimo de lucro, de ámbito galego, integrada por cooperativas de distintas clases, inspirada nos principios cooperativos e os seus valores e que ten como obxectivo: agrupar, representar, impulsar, fomentar a intercooperación e defender os intereses das súas cooperativas socias e das persoas que as constitúen, así como a divulgación, fomento e consolidación do cooperativismo, como ferramenta de desenvolvemento socioeconómico, no marco da economía social e solidaria.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Manuel Pastor

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad