diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Ciudades

A Deputación da Coruña reivindica máis apoio e visibilidade para o deporte feminino

  • 6 de marzo de 2025
  • Redacción
Total
0
Shares
0
0

A Deputación da Coruña celebrou hoxe a xornada Brecha de Xénero no Deporte, un encontro que puxo o foco nas desigualdades que seguen existindo entre homes e mulleres na práctica deportiva, tanto no ámbito profesional como no amateur.

O evento, celebrado na sede da Fundación Paideia, contou coa participación de destacadas deportistas galegas, como a campioa olímpica Sofía Toro, a campioa de España de natación adaptada, Almudena Quereda, e a campioa de España de halterofilia Irene Martínez, así como o adestrador do Hockey Club Coruña Feminino, Stanis García.

Na inauguración da xornada, o deputado de Deportes, Antonio Leira, subliñou que, a pesar dos avances logrados nos últimos anos, «o deporte segue a ser un espazo onde as mulleres atopan máis obstáculos para competir, menor visibilidade nos medios, menos patrocinios e salarios moito máis baixos que os dos homes».

Leira fixo referencia a datos que reflicten esta desigualdade, como que só o 24% das licenzas federativas en España pertencen a mulleres ou que, das 66 federacións deportivas estatais, só 3 están presididas por mulleres. Tamén denunciou a fenda salarial no deporte, lembrando que «o salario medio dunha futbolista en España é 17 veces inferior ao dun futbolista da Primeira División masculina».

Durante a súa intervención, Leira puxo como exemplo a traxectoria de equipos galegos que están a competir ao máis alto nivel, como o Baxi Ferrol, que esta tarde disputa a semifinal da Eurocup de baloncesto contra o Lyon. «Cada vez temos máis equipos e deportistas que compiten ao máximo nivel, pero a visibilidade e os apoios seguen sen estar á altura dos logros que conseguen», afirmou.

Pola súa banda, a deputada de Educación e Mocidade, Yoya Neira, sinalou que «a brecha de xénero non é só económica e de visibilidade, tamén afecta ao benestar das mulleres. A taxa de abandono do deporte aos 14 anos é o dobre no caso das nenas, e iso é algo que debemos corrixir e onde as administración públicas temos un papel importante que xogar, con programas de fomento do deporte escolar e da man dos clubs e entidades deportivas», afirmou.

Aposta da Deputación polo deporte feminino

Os representantes da Deputación destacaron tamén as iniciativas postas en marcha pola institución para impulsar a igualdade no deporte. «Un dos primeiros pasos que demos cando chegamos ao goberno provincial foi algo tan básico como crear categorías femininas en todas as nosas competicións. Pode parecer sorprendente, pero non as había en 2015», explicou Leira, engadindo que «hoxe, grazas a estas medidas, máis nenas teñen a oportunidade de competir, crecer deportivamente e aspirar a converterse en profesionais; unha cuestión que facilitamos tamén coas nosas bolsas deportivas».

A xornada rematou cunha mesa redonda na que as deportistas e profesionais participantes compartiron as súas experiencias e reflexións sobre os desafíos do deporte feminino e os cambios necesarios para acadar unha igualdade real neste ámbito.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Redacción

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.