diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Ciudades

A Deputación da Coruña recibe ao Baxi Ferrol tras o seu histórico subcampionato europeo

  • 7 de abril de 2025
  • Redacción
Total
0
Shares
0
0

A Deputación da Coruña acolleu este luns unha recepción oficial ao Baxi Ferrol, tras a súa proclamación como subcampioas da Eurocup feminina de baloncesto.

O acto, celebrado no salón de plenos, contou cunha representación dos distintos grupos políticos da corporación, co deputado de Deportes, Antonio Leira, e estivo presidido polo titular da institución provincial, Valentín González Formoso, que quixo recoñecer o mérito do equipo e a súa traxectoria na tempada.

Na súa intervención, Formoso destacou que o logro do Baxi Ferrol «non é só un éxito deportivo, senón un auténtico fito que xa forma parte da historia do baloncesto galego». En palabras do mandatario provincial, o subcampionato europeo é «froito do talento, do esforzo constante, do traballo en equipo e dunha ilusión que nos contaxiastes a todas e todos».

Durante o acto, no que participaron as xogadoras, o corpo técnico e a directiva do equipo, así como representantes da afección, o presidente da Deputación destacou os valores que representa o club ferrolán. «Para nós sodes sempre campioas. Grazas por recuperar a ilusión polo baloncesto en Ferrol e por levar o nome da cidade ao máis alto do deporte europeo»

O presidente subliñou o papel do Baxi Ferrol como inspiración para as novas xeracións: «Sodes un exemplo para moitas nenas e nenos que soñan con xogar, con competir, con crecer no deporte» e reafirmou o compromiso da Deputación da Coruña co club e co deporte feminino: «Apoiar o Baxi Ferrol non é só apoiar un equipo: é apostar por un proxecto que transforma, que educa, que fai cidade e que fai país».

Pola súa banda, a vicepresidenta do Baxi, Almudena Marcos, agradeceu a recepción e o apoio constante ao Baxi da Deputación «a onde regresamos despois de dous anos, porque aquí celebramos tamén o retorno do Baxi á liga feminina Endesa. Naquel momento non podiamos nin imaxinar o que nos depararían estes meses, é moito máis do que podíamos soñar».

«Estamos asimilando as emocións e sentimentos vividos estas semanas», afirmou Almudena Marcos, que agradeceu o apoio «da mellor afección do mundo» e de empresas e institucións que nos acompañaron neste camiño, en particular a Deputación polo seu compromiso co baloncesto feminino e, en particular, co noso club. Por iso queremos pedirlles que sigan soñando con nós», concluíu.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Redacción

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.