diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Ciudades

A Deputación da Coruña reafirma o seu apoio ao Baxi Ferrol tras o histórico pase a semifinais da Eurocup

  • 3 de marzo de 2025
  • Redacción
Total
0
Shares
0
0

A Deputación da Coruña reforza o seu compromiso co deporte feminino a través dun convenio de colaboración co Baxi Ferrol, ao que destina este ano 70.000 euros para apoiar o seu traballo deportivo.

Con motivo do histórico pase do equipo ás semifinais da Eurocup, o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o deputado de Deportes, Antonio Leira, visitaron hoxe ás xogadoras, a directiva e o corpo técnico tras o adestramento no pavillón da Malata, onde trasladaron os seus parabéns polo seu excepcional rendemento nesta tempada. Formoso destacou «o importante papel que xoga o club na proxección da cidade de Ferrol e do deporte feminino galego a nivel nacional e internacional».

O Baxi Ferrol está a protagonizar unha tempada excepcional, acadando un fito sen precedentes para o club e para o baloncesto feminino galego. O seu recente pase a semifinais da Eurocup, onde se enfrontará ao LDLC ASVEL Féminin de Lyon, subliña o seu papel destacado no panorama deportivo europeo. Ademais, o club conta cunha sólida base social, con máis de 1.200 socios e un público fiel que supera as 1.500 persoas en cada partido na Malata, cifras que consolidan ao Baxi como unha referencia deportiva en Ferrol e en Galicia.

O presidente da Deputación puxo en valor o impacto do Baxi Ferrol na promoción do baloncesto feminino e do deporte base, lembrando que este é o deporte con maior número de licenzas femininas en España e o terceiro en total, só por detrás do fútbol e do baloncesto masculino. «O compromiso da Deputación co Baxi Ferrol responde á necesidade de apoiar proxectos deportivos que fomentan a igualdade e a visibilidade do deporte feminino», subliñou, engadindo que «o traballo deste club é un exemplo de como o esforzo, a paixón e o talento poden situar un equipo galego na elite do baloncesto continental».

«A traxectoria do Baxi Ferrol nesta Eurocup está a demostrar que o deporte feminino galego ten capacidade para competir ao máis alto nivel e seguir facendo historia. O vindeiro enfrontamento co Lyon, co primeiro partido este mesmo xoves, suporá un novo desafío para o equipo, que xa conta co recoñecemento de toda a afección e co apoio decidido da Deputación», concluíu Formoso.

«Para nosotros es muy importante el apoyo de todo el mundo. Hemos concretado un apoyo extra, que nos viene muy bien», afirmou o presidente do Baxi, Santi Rey, que agradeceu «el apoyo de la afición, que ha vuelto a demostrar que Ferrol es un sitio de baloncesto porque quedaban solo 350 entradas para el jueves y creo que se va a colgar el no hay billetes, lo que dice mucho», apuntou.

Ademais da súa traxectoria deportiva, o Baxi Ferrol desempeña un labor fundamental na formación de novas xeracións de xogadoras, promovendo o baloncesto entre as nenas e mozas da comarca a través das súas escolas deportivas e programas de base. Este traballo educativo e social reforza a importancia de contar con apoios institucionais que garantan a continuidade e o crecemento do proxecto.

O apoio da institución provincial, sumado ao crecemento da afección e ao esforzo do club, reforza o papel do Baxi Ferrol como un exemplo de superación e liderado no baloncesto feminino.

1 3 Fotogalería

A Deputación da Coruña reafirma o seu apoio ao Baxi Ferrol tras o histórico pase a semifinais da Eurocup

›

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Redacción

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.