diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Galicia

A Deputación da Coruña obtén 1,5 millóns de euros do Plan de Recuperación do Goberno de España para a modernización dos sistemas de xestión do padrón municipal

  • 6 de agosto de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O deputado de Facenda, Recursos Humanos, e Avance Dixital, José Ramón Rioboo, e a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, visitaron hoxe o servizo de Informática e Administración Electrónica da Deputación da Coruña para coñecer os detalles do proxecto de transformación dixital e modernización dos sistemas de xestión do padrón municipal nas entidades locais para o que a Deputación da Coruña vén de obter unha achega de 1,5 millóns de euros do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.

Segundo o publicado o pasado día 24 no Boletín Oficial do Estado, a Deputación da Coruña obtén esta axuda dentro dunha convocatoria que deixa en Galicia, 4.020.000 euros, para levar a cabo o proxecto «Cara o padrón online: novo modelo de xestión da información territorial na provincia».

Ambos resaltaron que o padrón municipal é un rexistro de gran importancia, por canto a inscrición nel supón o requisito previo e imprescindible para que as persoas poidan ter acceso, con todas as garantías, ao uso dos servizos públicos de educación, sanidade e servizos sociais nun municipio, e ao exercicio do dereito de sufraxio, entre outros aspectos.

O deputado de Avance Dixital, José Ramón Rioboo, indicou que «o proxecto de implantación do padrón online permitirá a actualización instantánea da información dos padróns municipais, o que suporá maior axilidade, seguridade e transparencia nos trámites da cidadanía e dos concellos». Rioboo explicou que o proxecto enmárcase dentro da Estratexia Dixital da Deputación da Coruña, que ten como prioridade a implantación dunha Administración totalmente dixital adaptada ás Entidades Locais, situando á cidadanía no centro da actividade administrativa, a través de máis e mellores servizos interactivos que axilizan os trámites administrativos e que garanten a eficiencia da administración dixital a nivel local.

Pola súa banda, María Rivas destacou tamén a importancia do padrón e sinalou que «é preciso dotalo dun réxime de xestión e actualización de datos rápido, áxil e con garantías, co fin de permitir á cidadanía acceder a todos os servizos do municipio onde residen, e reducir ao mínimo os riscos derivados dunha incorrecta inscrición». Polo tanto «a modernización do padrón tamén incidirá nunha mellor elaboración de políticas públicas como as relativas a fiscalidade, servizos sociais ou axudas á rehabilitación, de tal xeito que unha vez máis o Goberno pon no centro a atención ás persoas, neste caso, especialmente ás que viven nos concellos de menos de 20.000 habitantes», indicou a subdelegada.

O investimento de 1,5 milóns de euros servirá para abordar o proceso de transformación dixital que permita aos concellos da provincia mellorar e actualizar os seus padróns municipais conforme aos parámetros definidos polo Instituto Nacional de Estatística. Doutra banda, implementará sistemas tecnolóxicos que permitan a actualización instantánea da información no padrón de habitantes. A devandita actualización en tempo real pode expor riscos importantes, polo que a participación da Deputación da Coruña garantirá a infraestrutura necesaria para asegurar a protección e confidencialidade dos datos durante o proceso de actualización.

A través desta axuda do Plan de Recuperación a Deputación da Coruña ofrecerá asesoramento e acompañamento para implementar o proxecto da forma máis eficiente posible, especialmente aos concellos de menos de 20.000 habitantes, que carezan de capacidade para implantar o padrón en liña con recursos propios.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.