diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

A Deputación da Coruña implantará un novo modelo de residencias públicas para maiores: menos prazas por centro, atención persoalizada, innovación e convivencia interxeneracional

  • 14 de octubre de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reuniu á comisión político-técnica que se encargará da coordinación e seguemento do plan do para a construción e posta en funcionamento de tres novas residencias públicas para maiores de ámbito comarcal nos concellos de As Pontes, Rianxo e Ordes, que se desenvolverán en base a un novo modelo  “innovador e pioneiro en Galicia”, radicalmente diferente ao que está establecido hoxe na comunidade. A comisión, presidida polo titular do goberno provincial, está integrada polos deputados Mar García Vidal e Xosé Penas, e por técnicos dos servizos provinciais implicados neste plan: Política Social, Contratación, Arquitectura, Intervención, Secretaría e Asistencia a Municipios.

Segundo explicou Formoso, con estes novos centros para maiores, a Deputación da Coruña impulsará “un novo modelo de residencias públicas en Galicia, máis cercano e persoalizado, con centros máis pequenos e de ámbito comarcal que permitan evitar o desarraigo que supón que moitas persoas maiores teñan que pasar a última etapa das súas vidas a moitos quilómetros da casa e dos seus seres queridos e encerrados en macrocomplexos masificados e pouco humanizados, ou pagar residencias privadas con tarifas moitas veces inasumibles para as familias”, explicou o presidente.

As Pontes será o primeiro dos tres municipios da provincia no que se testará o novo modelo residencial público da Deputación da Coruña, cun centro piloto destinado a persoas maiores do municipios e da comarca, que contará cun maior número de traballadores en función do número de residentes no centro para garantir plans de atención totalmente individualizados, nun entorno máis amable e acolledor, con habitacións individuais,  espazos e actvidades de convivencia interxeneracional abertos á comunidade, nos que se contará coa colaboración do tecido asociativo local, centros de ensino e familias para rachar co illamento que moitas veces sofren os maiores nestes centros. 

A aposta pola innovación será outro dos eixes diferenciais deste novo modelo de residencias da Deputación da Coruña, que dotará aos fogares-residencia de novas tecnoloxías tanto para mellorar a vida das persoas residentes no centro como do persoal traballador. Domótica, sistemas de telemedicina, alumeado e climatización intelixentes, peches de contacto ou con datos biométricos, sensores de movemento e presenza,  novos sistemas de rehabilitación física e cognitiva con base tecnolóxica ou incorporación de asistentes virtuais son algunhas das cuestións que a Deputación pretende incorporar a estes centros.

Tamén se innovará en cuestións como o acceso de familiares e amizades, que será aberto para permitir compartir tempo cos seres queridos e incluso acompañalos en determinadas situacións nas que sea preciso, e valoraranse cuestións como a posibilidade contar con horta ou permitir a presenza de animais domésticos dentro do complexo residencial, tendo en conta a procedencia rural de moitas das persoas usuarias do centro, así como as vantaxes que proporciona o coidado de plantas e animais na prevención do deterioro físico e cognitivo.

“A nosa idea é ir creando unha rede provincial de residencias cun modelo completamente diferente ao actual, máis acorde coas necesidades de Galicia e con dúas premisas fundamentais: a aposta pola innovación e unha atención máis cercana e máis humana, con entornos máis habitables nos que as persoas maiores estean ben coidadas e podan sentirse como na propia casa”, resumiu o presidente.

A proposta técnica aprobada pola comisión para desenvolver este novo modelo de residencias establece un modelo de atención e intervención social chamado de 5ª xeración, que supera os antigos modelo de asilo, hospital ou residencia,  baseados en contornos moi institucionalizados e cunha cultura asistencialista, por un novo modelo que xa está a desenvolver en países nórdicos como Dinamarca ou Suecia, centrado na persoa, que respecta a súa autonomía, vontade, decisións e preferencias nun espazo multiservizo e de carácter aberto e  comunitario, onde as persoas da contorna podan acceder a él para gozar de certos servizos e as persoas residentes podan desenvolver tamén actividades fóra do centro asistencial.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.