diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Ciudades

A Deputación da Coruña e o Concello de Ferrol asinan o convenio para financiar con 1,5 millóns de euros as obras do alumeado do estadio da Malata

  • 13 de diciembre de 2024
  • Manuel Pastor
Total
0
Shares
0
0

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, asinaron esta mañá no Concello de Ferrol o convenio para o financiamento das obras de renovación do alumeado do estadio municipal da Malata, que ascenden a 1,5 millóns de euros, dos que a institución provincial financiará o 50%, 750.000 euros.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que «tras unha tramitación máis longa do que quixeramos», a Malata situarase á altura dos estadios de primeiro nivel do país cun novo sistema de iluminación baseado en tecnoloxía LED «que permitirá ao Racing cumprir con todos os parámetros técnicos esixidos por LaLiga» para a retransmisión por televisión dos partidos de fútbol profesional e evitando o «prexuízo económico» que sofre o club debido ás sancións que implica non cumprir con estes requirimentos.

Pola súa banda, o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, agradeceu o apoio económico da Deputación para renovar o sistema de alumeado da Malata, que ten máis de tres décadas. «A unión permite que proxectos importantes coma este podan saír adiante», afirmou o alcalde, que subliñou que «Ferrol quere un estadio de primeira».

Rey Varela sinalou que o proceso de licitación pública das obras iniciarase «en días» e calculou un prazo de «entre tres e catro meses» para recibir ofertas, valoralas e adxudicalas e «dous meses e medio para executalas». Indicou tamén que as obras que se planificarán para non interferir na competición do Rácing de Ferrol.

O novo alumeado da Malata estará baseado en tecnoloxía LED e cumprirá todos os requirimentos esixidos por LaLiga EA Sports en HD (primeira categoría do fútbol profesional) conforme ao establecido no regulamento para a retransmisión televisiva dos partidos.

En cada unha das catro torres, que se someterán a un exhaustivo proceso de revisión, limpeza da estrutura e tratamento anticorrosión, instalaranse 27 proxectores, dispoñendo ademais outros 120 repartidos no aleiro da cuberta (50 en tribuna, 50 en preferencia, 10 no fondo sur e dez no fondo norte) . Comporanse de dous tipos de luminarias e sete tipos de ópticas.

O sistema de alumeado incorpora un sistema de control centralizado DMX que permite a regularización e monitorización do sistema, así como a implementación de espectáculos de luces. Tamén se instalará un grupo electróxeno que proporcionará o subministro de reserva para os sistemas de retransmisión televisiva e e alumeado do estadio en caso de fallo no subministro eléctrico.

Finalmente, substituirase o actual sistema de pararraios de cada unha das catro torres por un novo sistema con tecnoloxía de verificación a distancia e sistema de protección 3.

Formoso e Rey Varela asinaron tamén hoxe o convenio que fixo posible que Ferrol fose o pasado mes de abril a sede nacional do fallo dos Premios da Crítica, convocados pola Asociación Española de Críticos Literarios. A Deputación financiou con 54.325 euros o 80% dos custes do evento, realizado no ano en que se cumpren 25 anos da morte de Torrente Ballester, ilustre ferrolán e fillo predilecto da cidade, que dá nome tamén ao premio literario máis prestixioso do Deputación.

Preguntado sobre os avances no proxecto impulsado pola Deputación da Coruña para a recuperación das baterías militares da Costa Ártabra, Formoso indicou que «queda un pequeno trámite co Concello de Ferrol», mentres que os convenios cos concellos de Ares e Valdoviño para a encomenda de xestións dos traballos en A Bailadora e Campelo xa foron aprobados por unanimidade no último pleno provincial e asinaranse nas vindeiras semanas.

«Queremos ampliar a petición de fondos europeos para impulsar este proxecto que nos ilusiona e que pretende situar a Ferrol e a esta comarca como referencia na recuperación do patrimonio militar», afirmou o presidente da Deputación.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Manuel Pastor

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.