diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Galicia

A Deputación da Coruña e Fundación Paideia impulsan unha nova edición do programa de voluntariado social en países europeos

  • 17 de septiembre de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

A Deputación da Coruña e a Fundación Paideia continúan un ano máis impulsando o voluntariado social en países europeos mediante un programa dirixido á mocidade da provincia en situación de desemprego. O ente provincial apoia á entidade a través do financiamento das actividades formativas e informativas do programa.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, e Sandra Ortega, presidenta da Fundación Paideia Galicia, rubricaron o convenio, a través do que a Deputación da Coruña achegará 17.000 euros, o 70% do custo total da iniciativa.

Cada ano participan neste voluntariado mozos e mozas coruñeses de entre 18 e 30 anos. Neste exercicio, a iniciativa volverá a achegar a 500 mozos e mozas a oportunidade de saír ao estranxeiro para un período de voluntariado social en organizacións sen ánimo de lucro que vai de 6 a 12 meses de duración e que contribúe a mellorar as súas competencias persoais e profesionais

O programa consta de tres fases, a primeira delas conformada por actividades formativas e de contextualización que proporcionarán información técnica e práctica previas á saída dos e das participantes.

A segunda, a execución do proxecto no país de destino e a terceira e última, ao regreso,explicará as posibilidades de proxección no mundo laboral de todos os coñecementos e capacidades aprendidas durante a experiencia.

«O voluntariado social non só contribúe a abrir novos marcos e perspectivas vitais, senón tamén profesionais», destacou o presidente provincial, Valentín González Formoso, que tamén sinalou que «con tipo de accións contribúen a adquirir novas competencias en cuestións como os idiomas e a promover unha cultura participativa e solidaria entre a mocidade, o que o converte nunha experiencia única para os e as participantes», afirmou.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.